A XUNTA ASUMIU UN CUSTE DE PRETO DE 200.000 EUROS CO FIN DE QUE OS USUARIOS DAS ESTRADAS A CORUÑA-CARBALLO(AG-55) E PUXEIROS-VAL MIÑOR(AG-57) POIDAN AFORRAR ATA UN 50% NAS PEAXES
Cando se realiza un traxecto, con cargo a un OBE, ida e volta entre dous enlaces da autoestrada no mesmo día, a sociedade concesionaria aplicará no traxecto de volta unha bonificación do 25% sobre o importe da peaxe en vigor
Cando co mesmo OBE se realiza un segundo ou ulterior traxecto, con ida e volta entre dous enlaces da autoestrada, no mesmo día, a concesionaria aplica no segundo e ulteriores traxectos de volta unha bonificación do 50%
Medio Ambiente bonifica o uso frecuente dunhas infraestruturas que facilitan a mobilidade da poboación e favorecen un tránsito fluído, eficaz e seguro de persoas e mercadorías pola comunidade autónoma
Santiago.- A directora xeral de Infraestruturas, Ethel Vázquez, compareceu na Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos para informar sobre os descontos que se están a aplicar nas autoestradas galegas A Coruña- Carballo (AG-55) e Puxeiros- Val Miñor (AG-57).
A Xunta de Galicia asumiu ata a data de hoxe, un custe de 197.338,9 euros, co obxecto de que os usuarios das autoestradas AG-55 e AG-57 obteñan un aforro nos seus desprazamentos. Esta cantidade bonifica aos usuarios frecuentes destas autoestradas , que supoñen un 28,8 % dos traxectos realizados con cargo a OBE. Desta porcentaxe, un 1,69 % correspóndese con traxectos que se benefician dun aforro dun 50% e o restante 27,11 % correspóndese con traxectos bonificados cun desconto do 25% sobre o importe da peaxe en vigor.
Doutro xeito, este importe debería ter sido asumido polos usuarios frecuentes das autoestradas AG-55 e AG-57.O importe asumido polo Goberno galego representa unha porcentaxe do 62,65% sobre a anualidade comprometida na actualidade nos orzamentos do ano 2010 (315.000 €) para facer fronte a este compromiso de gasto.
Ethel Vázquez explicou que a bonificación aplicada aos vehículos que dispoñen de OBE, considérase sempre que o traxecto se realice nun día hábil (todos excepto domingos ou festivos).
Por unha parte, cando se realiza con cargo a un OBE un traxecto con ida e volta entre dous enlaces da autoestrada no mesmo día, é dicir, o que ten igual orixe e destino, a sociedade concesionaria aplicará no traxecto de volta unha bonificación do 25% sobre o importe da peaxe en vigor.
Por outra parte, cando co mesmo OBE se realiza un segundo ou ulterior traxecto, con ida e volta entre dous enlaces da autoestrada, no mesmo día, a concesionaria aplica no segundo e ulteriores traxectos de volta unha bonificación do 50% sobre o importe da peaxe en vigor.
A Xunta de Galicia é titular das autoestradas de peaxe A Coruña- Carballo (AG-55) e Puxeiros- Val Miñor (AG-57), que teñen o seu percorrido dentro da comunidade galega. A explotación de ditas autoestradas corresponde a Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria de la Xunta de Galicia S.A, en virtude do contrato de concesión administrativa para a construción, conservación e explotación das citadas autoestradas de peaxe.
Mediante o decreto 54/2010 do 31 de marzo aprobouse o convenio entre a Xunta e Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia e a Concesionaria de la Xunta de Galicia polo que se regula a bonificación da peaxe da AG-55 e AG-57. Este acordo fixa as bases para a colaboración entre o Goberno galego e a sociedade concesionaria na aplicación de bonificacións das peaxes vixentes e o pagamento pola Xunta á sociedade dos importes que deriven desta medida. A bonificación fíxose efectiva o 18 de maio de 2010 e estará en vigor ata o 31 de decembro de 2015.
A directora xeral de Infraestruturas concluíu que Medio Ambiente, en consideración á situación económica e en atención ao interese xeral, bonifica o uso frecuente dunhas infraestruturas que facilitan a mobilidade da poboación e favorecen un tránsito fluído, eficaz e seguro de persoas e mercadorías pola comunidade autónoma.
[…] integral Re-Móvete 2010 El Principado aporta 1,5 millones de euros a la universidad asturiana La Xunta asumió 200.000 euros de coste para reducir el impacto en los usuarios de los peajes de… El presupuesto de la Consejería de Industria asturiana para 2011 se destina principalmente a […]
Me gustaMe gusta