El portal de la Xunta de Galicia recibió 11,6 millones de visitas en 2010

A web da Administración autonómica iniciou o pasado mes de xuño unha nova andaina converténdose nun espazo máis intuitivo, sinxelo e accesible ao cidadán

O PORTAL DA XUNTA RECIBIU MÁIS DE 11 MILLÓNS DE VISITAS EN 2010

 A Administración autonómica cambiou a súa web corporativa en xuño para convertela nunha canle de información e servizos máis interactiva e aberta permanentemente ao usuario
 En decembro habilitouse un novo sistema de notificacións de axudas e subvencións por correo electrónico e sms ao que xa se subscribiron preto de 400 persoas
 A web ten presenza na redes sociais con arredor de 1.500 seguidores en Facebook e Twitter
 O usuarios teñen acceso a máis de 350 ligazóns distintas ordenadas por colectivos, temas e servizos
 Incrementáronse os servizos dispoñibles e mellorou a accesibilidade con dispositivos como os audiocontidos

Santiago, 5 de febreiro de 2011.- O portal da Xunta de Galicia recibiu durante o ano 2010 un total de 11,6 millóns de visitas das que 350.000 foron realizadas por usuarios distintos. A web da Administración autonómica iniciou o pasado mes de xuño unha nova andaina converténdose nun espazo máis intuitivo, sinxelo e accesible ao cidadán para encamiñarse cara un espazo 2.0.

A nova web foi concibida pensando en mellorar a atención ao usuario, incrementando nos últimos meses os servizos dispoñibles, ofrecendo unha maior interactividade, novas canles multimedia e o acceso a través das redes sociais.

A incorporación de novos servizos ao portal da Xunta resposta ao obxectivo de avanzar no concepto de administración electrónica, convertendo a web institucional nunha porta de entrada única onde o usuario poida acceder á información dunha forma moito máis clara.

Novas canles multimedia
Ao longo dos últimos meses foron incorporándose novidades ao portal como os servizos para notificar as axudas e subvencións por correo electrónico e sms aos cidadáns. Desde a súa posta en marcha en decembro preto de 400 usuarios se subscribiron a estas prestacións.

Seguindo uns sinxelos pasos o usuario pode subscribirse de xeito gratuíto a toda a información publicada en materia de axudas e subvencións, podendo elixir o colectivo que máis se axuste ao seu perfil e as áreas temáticas que lle resulten de maior interese

A canle está situada na dirección http://www.xunta.es/sistema-de-avisos. O sistema analizara a diario as novidades que se produzan no catálogo de procedementos e, en función do perfil e áreas temáticas que fosen seleccionadas polo usuario, envía un resumo coa información que se axuste a estas preferencias.

Canle Axudas
Outra das melloras a web foi a posta en marcha do servizo, “Canle Axudas”, a través do cal se recollen de forma doada e intuitiva todas as axudas e subvencións que fosen catalogadas na Guía do Cidadán. A través dun buscador o cidadán pode atopar as axudas de maior interese para o seu perfil de usuario ou para as áreas temáticas do seu interese. Esta canle está accesible na dirección http://www.xunta.es/canle-axudas e incorpora diferentes pestanas nas que se clasificarán en catro categorías os novos procedementos publicados: Novidades, Máis consultados, Últimos días e Abertos.

Redes sociais
O portal da Xunta ten presenza desde o pasado ano nas redes sociais Facebook e Twitter con preto de 1.500 seguidores en total. Coa incorporación a estes espazos a Administración autonómica busca aproximarse ao concepto de Open Government, unha Administración na que priman as relacións cos cidadáns e o contacto directo con eles, máis transparente, participativa e colaborativa.

Información máis accesible
A reorganización de contidos levada a cabo na web facilita aos usuarios o acceso a 350 ligazóns distintas ordenadas e clasificadas por colectivos, temas e servizos. Precisamente, un dos cambios máis significativos na estrutura da web foi o acceso á información a través de epígrafes de colectivos. Un total de 20 grupos nos que se integra a información que hai en todos os portais da Xunta que pode ser de interese para ese colectivo.

Así, empresas, traballadores, desempregados, maiores e mozos, entre outros, poden acceder a través dun único link aos datos e servizos relacionados co seu perfil e que doutro xeito terían que empregando máis tempo e esforzo de páxina en páxina. Con este sistema de navegación, centrado no usuario, afórrase tempo e evítase a busca da información por departamentos. A habilitación de dispositivos como os audiocontidos, que permiten escoitar as novas publicadas na web melloraron tamén a accesibilidade do portal.

Un comentario sobre “El portal de la Xunta de Galicia recibió 11,6 millones de visitas en 2010

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s