ECONOMÍA E INDUSTRIA TRIPLICA AS AXUDAS DESTINADAS Á COMPRA DE TURISMOS NO MARCO DO PLAN INTEGRAL RE-MÓVETE 2010
• Mediante o consenso e o compromiso do sector, as axudas poderán superar os 2.000 euros para turismos de prezo comprendido entre os 10.000 e os 30.000 euros e tamén os vehículos industriais
• O obxectivo fundamental é mobilizar as vendas e dinamizar a actividade das preto de 200 Pemes que se benefician directamente da existencia do re-Móvete Comercial e protexer os 24.800 postos de traballo que xeran en Galicia
• A iniciativa parte “dun Goberno comprometido cos cidadáns e cos sectores estratéxicos galegos, e con capacidade de resposta” para enfrontar os problemas derivados do incremento do IVE e a eliminación das axudas á compra de vehículos por parte do Goberno central
• O plan re-Móvete comercial, dotado con case 22 millóns de euros na actualidade, facilitou, polo de agora, a aprobación de 27.000 solicitudes de axuda e fixo posible que as empresas do sector acumularan unha facturación de case 440 millóns de euros
Santiago- A Consellería de Economía e Industria triplica as axudas previstas no plan re-Móvete comercial 2010 para dinamizar as vendas de turismos a través do novo plan re-Móvete 2010 G, segundo anunciou Javier Guerra, que destacou igualmente o consenso e o compromiso do sector neste ámbito. Mediante o consenso e o compromiso do sector, as axudas serán de 2.010 euros para turismos de prezo comprendido entre os 10.000 e os 30.000 euros, e de 1.600 para os coches de menos de 10.000 euros, repotenciando as xa contempladas no re-Móvete Comercial 2010. Asemade, estas axudas estenderanse tamén até chegar aos 2.010 euros para os vehículos industriais, despois do acordo alcanzado co sector.
Con este incremento na intensidade dos apoios na reformulación do re-Móvete Comercial 2010, integrado no marco do Plan Integral re-Móvete 2010, a Consellería de Economía e Industria busca contrarrestar a baixada de vendas motivada en boa medida pola crise e por medidas do Goberno Central como a suba do IVE e a retirada das axudas. Coas novas medidas, a Xunta de Galicia procura axudar ao sector de distribución de automóbiles, composto nun 80% por pemes, e fortalecer a economía de Galicia protexendo e consolidando os case 40.000 postos de traballo do sector no seu conxunto, con especial incidencia na importante industria auxiliar.
Este novo impulso do Goberno da Xunta á industria da automoción en Galicia chegará, como se fixo desde o comezo do programa, da man do consenso co sector para manter o obxectivo fundamental de mobilizar as vendas e dinamizar a actividade das preto de 200 Pemes que se benefician directamente da existencia do re-Móvete. A iniciativa, segundo salientou Javier Guerra, pon de manifesto que “este é un Goberno comprometido cos cidadáns e cos sectores estratéxicos galegos, que ten capacidade de resposta” para enfrontar os problemas derivados do incremento do IVE e a eliminación das axudas á compra de vehículos por parte do Goberno central. “Con este esforzo adicional confiamos en que sexa posible recuperar as vendas en Galicia e manter o emprego nos concesionarios e nas empresas auxiliares”, engadiu o conselleiro.
Deseñado pola Consellería de Economía e Industria para impulsar as vendas de automóbiles en Galicia e contribuír á estabilidade do emprego no sector, o plan re-Móvete comercial ten unha dotación actual de case 22 millóns de euros e facilitou, polo de agora, a aprobación de 27.000 solicitudes de axuda e fixo posible que as empresas do sector acumularan a día de hoxe unha facturación de case 440 millóns de euros.
O re-Móvete 2010 G, perfectamente adaptado a estrutura da oferta e da demanda en Galicia, está integrado no Plan Integral re-Móvete 2010 que, dotado con 120 millóns de euros, actúa sobre o importante sector da automoción galego apoiando ás plantas ensambladoras, á industria de compoñentes e ao clúster do automóbil para favorecer a súa posición competitiva a nivel nacional e internacional.
Asemade, o Plan Integral re-Móvete 2010 fomenta tamén a innovación e a eficiencia enerxética no sector grazas ao re-Móvete Vehículos Eficientes, con axudas máximas de até 7.000 euros para potenciar a renovación e a modernización do parque automobilístico galego mediante a concesión de axudas para a compra de vehículos novos menos contaminantes ou transformacións, ademais de promoverse a diversificación enerxética para reducir así a dependencia do petróleo.
[…] https://asturgalicia.wordpress.com/2011/02/07/el-gobierno-gallego-triplico-las-ayudas-destinadas-a-la… […]
Me gustaMe gusta
[…] gobierno asturiano destina este año al medio rural y la pesca ronda los 200 millones de euros El gobierno gallego triplicó las ayudas destinadas a la compra de turismos a través del pl… El Principado aporta 1,5 millones de euros a la universidad asturiana La Xunta asumió 200.000 […]
Me gustaMe gusta
[…] Autor:https://asturgalicia.wordpress.com/2011/02/07/el-gobierno-gallego-triplico-las-ayudas-destinadas-a-la… […]
Me gustaMe gusta