Feijóo remarca que mellorar a xestión permite investir en infraestruturas sanitarias neste momento de dificultade
A XUNTA AMPLIARÁ O HOSPITAL DA CORUÑA EN 23.000 METROS CADRADOS, UNHA SUPERFICIE EQUIVALENTE A DOUS HOSPITAIS COMARCAIS, QUE PERMITIRÁ REALIZAR 2.200 OPERACIÓNS CIRÚRXICAS MÁIS AO ANO
As novas Urxencias estarán listas no inverno de 2012 cunha superficie 5 veces superior ás actuais
Incrementarase un terzo o espazo destinado a altas tecnoloxías e aumentaranse un 26% o número de quirófanos
O presidente galego remarca que a ampliación do CHUAC supón unha das catro grandes infraestruturas sanitarias comprometidas para esta lexislatura ademais do hospital de Vigo, xa adxudicado, o de Pontevedra, en fase de proxecto construtivo, e o de Lugo, xa practicamente ao 100% de funcionamento
Destaca a aposta da Xunta por mellorar a xestión sanitaria coa baixada das esperas, o maior rendemento cirúrxico, a estensión da receita electrónica e o aforro no gasto farmacéutico
A Coruña, febreiro 2011.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, adiantou o inicio “nos próximos días” das obras da ampliación do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). O titular do Goberno galego explicou que esta remodelación suporá incrementar a superficie do complexo en 23.000 metros cadrados, o equivalente a dous hospitais comarcais, o que permitirá realizar 2.200 operacións cirúrxicas máis cada ano.
Feijóo salientou que a ampliación do CHUAC suporá multiplicar por 5 a superficie destinada a Urxencias, incrementar nun terzo o espazo de alta tecnoloxía e aumentar un 26% o número de quirófanos. O presidente galego adiantou, ademais, que a remodelación de Urxencias será a primeira en acometerse cun prazo previsto de finalización en inverno de 2012. “Isto supón que 110.000 persoas que acudan cada ano a Urxencias do CHUAC verán incrementadas por cinco o seu benestar; que as Urxencias serán máis novas, máis amplas, máis resolutivas”, incidiu.
“Hoxe cumprimos coa Coruña”, afirmou o presidente galego, quen remarcou que a ampliación do CHUAC é unha das catro grandes infraestruturas sanitarias comprometidas para esta lexislatura. Neste sentido, Feijóo explicou que o novo hospital de Vigo xa está adxudicado, o de Pontevedra atópase en fase de proxecto construtivo, mentres que o de Lugo está practicamente ao 100% de funcionamento.
O presidente da Xunta destacou que este investimento en infraestruturas é posible, en época de crise, gracias á mellora da xestión. “Desde o principio comprometemos baixar as esperas, en particular nas patoloxías máis graves, mellorar o rendemento cirúrxico, estender a receita electrónica a todos os pacientes, pagar as facturas e non deixalas nos caixóns, e aforrar no gasto farmacéutico financiando o cen por cen dos principios activos que se están financiando en toda España. Todo iso para mellorar a xestión, e mellorar a xestión permítenos mellorar as infraestruturas e construír novos hospitais”, afondou.
[…] gestión del parque nacional de Picos de Europa este año y luego le seguirá Asturias El Ejecutivo gallego ampliará el hospital de A Coruña en 23.000 metros cuadrados, lo que p… Condenado a 9 meses de prisión y el pago de 1.600 euros el agresor del funcionario judicial de […]
Me gustaMe gusta