Rajoy clausurará la convención de los populares gallegos, que esperan reunir más de 3.000 personas

O voceiro do PPdeG explicou que a gran convención dos populares galegos terá lugar os vindeiros 12 e 13 de febreiro en Santiago de Compostela

Miranda anuncia que Rajoy clausurará a convención do PPdeG ante máis de 3.000 persoas

• Indica que, ademais dos diferentes stands e as zonas lúdicas, a convención estará vertebrada en torno a tres espazos, que son a aula de formación, a área de encontro político e o plenario

• O lema da convención, Vente!, en palabras de Miranda, é claro e representa a intención do partido de seguir recabando apoios

• Apunta que a convención será retransmitida en directo a través da web do PPdeG, un feito sen precedentes nesta formación, polo que as persoas que queiran poderán seguir ditos actos online e tamén a través das redes sociais

• Os membros do PPdeG, de igual a igual, poñeránse mans á obra en busca de completar un ideario que non pode pecharse nun despacho cheo de políticos senón na rúa, coa complicidade dos 2,8 millóns de persoas que hai en Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2011.- O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, anunciou hoxe que o presidente do PP nacional, Mariano Rajoy, clausurará a convención dos populares galegos ante máis de 3.000 persoas.

Segundo informou o dirixente popular, o evento terá lugar a fin de semana do 12 e 13 de febreiro en Santiago de Compostela e contará coa participación de boa parte da dirección do PPdeG e dalgúns dirixentes nacionais, aínda por concretar.

No que atinxe ao obxectivo do acto, Miranda apuntou que é triple, posto que por unha banda a convención pretende constituir un punto de intercambio de ideas que poidan cristalizar en medidas concretas para o programa do PPdeG para as municipais, por outra parte, pretende abrir o partido á sociedade e, ademais, quere activar definitivamente a maquinaria electoral da formación de cara ao vindeiro 22 de maio.

O lema da convención, Vente!, en palabras de Miranda, é claro e representa a intención do partido de seguir recabando apoios e de seguir atraendo ao PPdeG a aínda máis galegos dos que xa confían nel.

Con dito eslogan non só se lle pide ás bases do partido que acudan á convención, senón que con el mandan unha mensaxe cordial ao resto da cidadanía, que é a de que o PPdeG é un partido aberto ao que están invitados a ir.

A ESTRUTURA DA CONVENCIÓN
Segundo explicou Miranda, ademais dos diferentes stands, as zonas lúdicas e demais, a convención estará vertebrada en torno a tres espazos, que son a aula de formación, a área de encontro político e o plenario.

Na aula de formación, os cargos do PPdeG que así o desexen recibirán charlas impartidas por reputados expertos en diversas materias, chamadas a mellorar o perfil dos dirigentes locais, provincias e autonómicos do partido.

Na área de encontro político, os candidatos ás grandes alcaldías, os presidentes provinciais e mesmo o resto dos cargos de fóra de Galicia departirán coas bases do partido sobre diversos temas de actualidade e someteránse a preguntas dos asistentes.

E por terceiro lugar, no plenario é onde se clausurará o domingo a convención ante máis de 3.000 persoas coas intervencións confirmadas de Alberto Núñez Feijóo e de Rajoy.

Por outra parte, nos espazos que se delimitarán haberá unha zona denominada ‘cyberpopulares’, desde as que boa parte dos nosos dirigentes poderán manter encontros dixitais con persoas do partido e alleas a el que queiran trasladar as súas preguntas a través da rede á cúpula do PPdeG.

Miranda tamén apuntou que a convención será retransmitida en directo a través da web do PPdeG, un feito sen precedentes nesta formación. Polo tanto, as persoas que queiran poderán seguir ditos actos online e tamén a través das redes sociais, sobre as que os populares se apoiarán de forma intensa na celebración da convención.

Do mesmo xeito, o dirixente popular indicou que haberá un espazo para a presentación de suxerencias e propostas, no que os asistentes poderán facer chegar as súas ideas ao partido de maneira anónima. Segundo Miranda, todas as ideas merecen ser escoitadas, e o por eso o PPdeG quere poñerlle doado ás nosas bases que llas transmitan a través dese evento.

Nos vindeiros días, o PPdeG seguirá avanzando máis datos sobre unha convención na que non se falará de Zapatero en pasado, como fan outros nos seus actos, senon de Galicia en futuro. Desaparecerán os personalismos e todos os membros do PPdeG, de igual a igual, poñeránse mans á obra en busca de completar un ideario que non pode pecharse nun despacho cheo de políticos senón na rúa, coa complicidade dos 2,8 millóns de persoas que hai en Galicia.

Un comentario sobre “Rajoy clausurará la convención de los populares gallegos, que esperan reunir más de 3.000 personas

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s