Hernández reitera que “é positivo abrir canles de diálogo entre administracións, para impulsar as obras consideradas urxentes e facer máis rendibles os investimentos dispoñibles
O CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE OFRECE AO MINISTERIO DE FOMENTO ABRIR FÓRMULAS DE COLABORACIÓN E COORDINACIÓN EN MATERIA DE VÍAS DE ALTA CAPACIDADE
Cos nove quilómetros postos en marcha hoxe, supéranse os 50 kms da Autovía do Cantábrico, co que se completa o 60% dos 85 km. que separan Ribadeo de Baamonde, é dicir, o total do trazado por terras galegas.
Santiago, 4 de febreiro de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, tendeu hoxe unha mano ao ministro de Fomento, José Blanco, para abrir “unha nova vía de colaboración, coordinación e concertación en materia de vías de alta capacidade”. Hernández, que acompañaba ao ministro no acto de inauguración de dous tramos da Autovía do Cantábrico en Galicia, Barreiros-Vilamar e Vilamar-Lourenzá, reiterou que “é positivo abrir canles de diálogo entre administracións, para impulsar as obras consideradas urxentes e estratéxicas, co fin de facer máis rendibles os axustados investimentos dispoñibles” .
Dende a Xunta de Galicia, proponse deseñar un programa de actuacións prioritarias entre os Gobernos do Estado e autonómico, que permita marcar a prelación naqueles itinerarios que poidan beneficiar máis ao país, para aunar esforzos e conseguir avanzar no obxectivo de completar as vías de alta capacidade que Galicia necesita, buscando a mellora de trazados, a cooperación e a optimización do investimento público
Cos nove quilómetros postos en marcha hoxe supéranse os 50 kms., co que se completa o 60% dos 85 km. que separan Ribadeo de Baamonde, é dicir, o total do trazado por terras galegas. Para o seu remate, quedan catro tramos, uns 24 quilómetros, con importantes dificultades técnicas e construtivas.
Acceso rápido á Cornixa Cantábrica
Nas súas palabras, o responsable de Medio Ambiente reiterou que a Autovía do Cantábrico en Galicia é unha infraestrutura que vai significar un acceso rápido á Cornixa Cantábrica, polo que subliñou a importancia de que “o Goberno de España sexa capaz de poñer en servizo unha vía imprescindible para os galegos, nestes momentos de crise e dificultade”.
“O seu remate permitirá unha eficaz interconexión da rede de alta capacidade de Galicia, tanto cara ao interior como ao exterior da Comunidade, ao darlle continuidade aos itinerarios que conforman a autovía A-6, a autovía AG-64 cara a Ferrol e a autoestrada AP-9 que se proxecta cara ao veciño país a través da IP-1 portuguesa”, explicou. Finalmente, destacou que “coa posta en servizo destes dous novos tramos, que conectan Barreiros e Lourenzá, séguese avanzando na consecución dun itinerario vital”.
[…] responsable hacer un análisis sosegado de los plazos del Pacto del Obradoiro, con el fin de trasladarle a los gallegos la verdad sobre los mismos. Señaló que no fue el actual gobierno quien en su momento dijo que el […]
Me gustaMe gusta