Santiago de Compostela, 25 xaneiro 2011. A Fundación Biodiversidad e o CEHUM veñen de seleccionar unha proposta de Proxecto Ríos e ADEGA para realizar no marco da iniciativa “Móllate polos humidais”; actuacións a desenvolver con motivo da celebración no 2011 do 40 Aniversario da Convención Ramsar e do Ano Europeo do Voluntariado. Realizaranse cinco actuacións simultáneas no estado o día 2 de febreiro, Día Mundial dos Humidais, unha delas nas lagoas de Xuño e Muro (Porto do Son).
Proxecto Ríos-ADEGA ten previsto realizar ao redor desta data diversas actuacións encamiñadas a divulgar os valores e problemáticas deste espazo e mellorar o estado ecolóxico destes dous humidais protexidos; nomeadamente as lagoas de San Pedro de Muro e Xuño, no concello de Porto do Son (A Coruña).
Como actividade central realizase o día 2 de febreiro unha xornada de voluntariado ambiental dirixida a eliminar especias exóticas invasoras, a segunda causa na actualidade de perda de biodiversidade. Os traballos realizaranse con voluntariado ambiental coordinados por persoal técnico do Proxecto Ríos e ADEGA, seguindo en todo momento as indicacións que establezan os servizos de Conservación da Natureza da Xunta de Galiza e do Ministerio de Medio Ambiente, dacordo cos protocolos para a eliminación de especies exóticas invasoras.
Como actuacións previas realizaranse nos centros de ensino do concello diferentes actividades; charlas, xogos e saídas as lagoas, destacando a importancia dos humidais e a súa conservación. Con esta acción preténdese involucrar tamén á comunidade educativa no proxecto. Baixa a MEMORIA das actuacións (257 Kb).
Así mesmo, e en colaboración co concello de Porto do Son realizarase o día 5 unha charla divulgativa para dar a coñecer os valores e as problemáticas dos humidais costeiros aos veciños e para presentar as actuacións realizadas á poboación local. Esta actividade realizarase no centro de interpretación que o concello xestionará para poñer en valor este espazo natural.
Estas actividades forman parte da iniciativa “Mójate por los Humedales”.

| Día | Entidade | Cursos/público | Horario | Actividade |
| 25 de xaneiro | CEIP Portosín | 1º e 2º ciclo | Mañá | Charla-xogo |
| CEIP Santa Irene | 3º ciclo | Tarde | Charla-xogo | |
| 26 de xaneiro | CEIP Portosín | 2º Ciclo | Mañá | Saída as lagoas |
| 2 de febreiro | CEIP Xuño | 1º Ciclo | Mañá | Charla-xogo |
| CEIP Xuño | 2º e 3º Ciclo | Tarde | Saída as lagoas | |
| Voluntariado ambiental | Maiores de idade | Mañá e tarde | Roteiro e eliminación | |
| 5 de febreiro | Concello | Todos os públicos | Tarde | Charla |
As voluntarias e os voluntarios que queiran participar na acción do día 2 de febreiro deberán apuntarse antes do luns 31.