El Ejecutivo gallego empleará más de seis millones en fomentar los seguros agrarios

MEDIO RURAL DESTINARÁ MÁIS DE 6 MILLÓNS DE EUROS PARA O FOMENTO DE SEGUROS AGRARIOS

 Mediante esta liña de axudas, Medio Rural pretende fomentar que un maior número de gandeiros se podan beneficiar das vantaxes dos seguros e así facer fronte ás perdas económicas de factores alleas ao agricultor

Santiago, 24 de xaneiro de 2011.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases das axudas para o fomento da contratación de seguros agrarios na nosa Comunidade Autónoma.

Mediante esta liña de axudas o departamento que dirixe Samuel Juárez pretende fomentar que un maior número de gandeiros se podan beneficiar das vantaxes que supoñen os seguros. Entre estas vantaxes está a de facer fronte ás perdas económicas de factores alleos ao agricultor, como son os axentes climáticos adversos ou as pragas e enfermidades.

O Plan Anual de Seguros Agrarios para o ano 2011, aprobado polo Consello de Ministros o pasado mes de decembro, contempla, entre outras liñas, completar o proceso de incorporación do sector gandeiro ao sistema de seguros agrarios e avanzar nas garantías para as producións agrícolas, así como no deseño de modelos de xestión de crises agrarias.

Deste xeito, poderán ser beneficiados os asegurados titulares das explotacións agrarias situadas na nosa Comunidade, sempre que teñan subscritas as pólizas de seguros agrícolas do plan 2011 e liñas gandeiras dos plans 2010 e 2011. Tamén poderán acollerse a esta liña de axudas os titulares de explotacións de piscifactorías de troitas.

Orzamento
Para a concesións destas axudas a Consellería do Medio Rural dispón dun crédito inicial de 6.250.000 euros, importe que poderá ser incrementado con outros remates orzamentarios.

Subscrición do seguro
A subscrición do seguro realizarase exclusivamente a través das entidades aseguradoras autorizadas polo Ministerio de Economía e Facenda ou a través dos autorizados segundo a normativa vixente.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s