La Xunta estudia recurrir el decreto del gobierno central sobre las cámaras de comercio alegando un conflicto de competencias

JAVIER GUERRA REÚNESE COAS CÁMARAS DE COMERCIO GALEGAS POR MOR DAS INCERTEZAS PROVOCADAS POLO DECRETO DO GOBERNO CENTRAL

 Guerra adiantou que a Consellería de Economía e Industria vai pedir aos servizos xurídicos da Xunta de Galicia que estuden a posibilidade de presentar un recurso por conflicto de competencias
 Constituirase unha comisión mixta entre as cámaras e a Consellería de Economía e Industria para traballar conxuntamente na resolución dos conflitos xerados pola norma do Goberno central
 O conselleiro de Economía e Industria interesouse polas consecuencias derivadas da situación creada polo Goberno central que impide o normal desenvolvemento das funcións dos entes camerais e afecta tanto aos seus traballadores como ás empresas e usuarios receptores dos seus servizos
 Javier Guerra lamentou a celeridade e a falta de consenso da norma do Goberno Central e manifestou súa dispoñibilidade de colaboración

Santiago, 27 de decembro de 2011.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, mantivo hoxe un encontro cos representantes das nove cámaras galegas, no que lle trasladaron as súas inquedanzas polas incertezas derivadas do Real Decreto Lei 13/2010, do 3 de decembro, aprobado polo Goberno central.

En Galicia, existen nove cámaras de comercio que resultan afectadas pola norma e que, até agora viñan colaborando coa Xunta de Galicia, de xeito que Javier Guerra escoitou as súas preocupacións e lamentou a celeridade e a falta de consenso da norma do Goberno Central e manifestou súa dispoñibilidade de colaboración.

Neste sentido, Guerra adiantou que a Consellería de Economía e Industria vai pedir aos servizos xurídicos da Xunta de Galicia que estuden a posibilidade de presentar un recurso por conflicto de competencias e adiantou que se vai constituír unha comisión mixta, entre as cámaras e a Consellería de Economía e Industria, para traballar conxuntamente na resolución dos conflitos xerados pola norma do Goberno central, no eido do financiamento.

Esta normativa diminúe as posibilidades de financiamento destes organismos, sen solucionar aspectos como a continuidade dos órganos de goberno das cámaras, recentemente elixidos, así como o futuro das actuacións de carácter público que veñen realizando, tales como accións e bolsas de internacionalización, formación ou fomento de emprego.

O conselleiro de Economía e Industria interesouse polas consecuencias derivadas da situación creada polo Goberno central que impide o normal desenvolvemento das funcións dos entes camerais e afecta tanto aos seus traballadores como ás empresas e usuarios receptores dos seus servizos.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s