La consellería de Educación gallega adjudica de forma provisional la construcción del IES de Milladoiro

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN ADXUDICA DE FORMA PROVISONAL A CONSTRUCIÓN DO IES DE MILLADOIRO
La consellería de Educación gallega adjudica de forma provisional la construcción del IES de Milladoiro, en A Coruña, por un importe que supera los 5,3 millones de euros.

 O novo centro foi adxudicado por un importe que supera os 5,3 millóns de euros
 O secretario xeral da Consellería reuniuse co alcalde de Ames. Nesta reunión estudouse tamén a proposta municipal sobre a futura implantación dun novo CEIP neste núcleo urbano

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2011.- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adxudicou hoxe de forma provisional a construción do novo IES do Milladoiro, un centro que contará con 16 unidades de ESO e 3 de Bacharelato.

Tal e como explicou o secretario xeral da Consellería, tras unha reunión mantida co alcalde de Ames, a obra – a cuxo concurso se presentaron 51 empresas- foi adxudicada por un importe de máis de 5,3 millóns de euros, e ten un prazo de execución de 16 meses. A partires desta adxudicación provisional ábrese un prazo de 15 días despois do que, de non presentarse os recursos previstos pola lexislación, procederase á confirmación mediante a adxudicación definitiva.

CEIP do Milladoiro
O secretario xeral da Consellería de Educación e o alcalde Ames aproveitaron a reunión desta mañá para estudar unha proposta municipal sobre a implantación dun novo CEIP no Milladoiro.

Para a construción deste colexio, o Concello ofertou á Consellería unha parcela de 16.765 metros cadrados, na que se inclúe a ampliación do viario, accesos e aparcamento, ubicada no núcleo urbano do Milladoiro. Porén, segundo o Plan Xeral de Ordenación Municipal amiense, esta parcela está cualificada como solo rústico apto para urbanizar; polo que a Consellería invitou ao Concello a proceder á modificación da actual clasificación do solo, coa finalidade de obter a cualificación urbanística para poder construír nel o centro.

Diante da imposibilidade da aceptación deses terreos no estado actual, o Concello formulou á Consellería dúas alternativas, unha delas inviable para a Consellería. Á espera de que se solvente esta situación, a Consellería lembra que respecta a lexítima potestade e capacidade do Concello a este respecto, a quen lle compete a planificación e modificación urbanística do territorio municipal.

En todo caso, o secretario xeral de Educación recalcou o compromiso da Consellería coa comunidade educativo de Ames, dando resposta ás necesidades de escolarización da súa poboación.

Un comentario sobre “La consellería de Educación gallega adjudica de forma provisional la construcción del IES de Milladoiro

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s