La Xunta convoca becas para formar especialistas en negocio exterior

ECONOMÍA E INDUSTRIA CONVOCA 16 BOLSAS DE PROMOCIÓN EXTERIOR PARA FORMAR ESPECIALISTAS EN NEGOCIO INTERNACIONAL E APOIAR A GLOBALIZACIÓN DAS EMPRESAS GALEGAS

 Economía e Industria convoca 16 bolsas de promoción exterior para formar especialistas en negocios internacionales y apoyar la globalización de las empresas gallegas. Los beneficiarios recibirán formación especializada y realizarán prácticas orientadas a la búsqueda de oportunidades de negocio exterior.

  • Recibirán formación especializada e realizarán prácticas orientadas á busca de oportunidades de negocio exterior para as empresas galegas, á investigación das posibilidades de cooperación entre empresas galegas e estranxeiras e á detección e  captación de investimentos estranxeiros  
  • O obxectivo é facilitar a especialización de novos titulados en comercio exterior e na internacionalización empresarial   
  • O prazo para a presentación de solicitudes polos interesados rematará o día 3 do próximo mes de febreiro

 

Santiago, 9 de xaneiro de 2011.- A consellería de Economía e Industria vén de convocar, a través do Igape, 16 bolsas de promoción exterior que teñen como obxectivo fundamental o de formar especialistas en comercio e investimento internacional e colaborar na internacionalización do tecido empresarial galego. O prazo de presentación de solicitudes polos novos titulados interesados remata o próximo 3 de febreiro.

 

A consellería de Economía e Industria destina 593.500 euros á convocatoria das 16 bolsas de promoción exterior da convocatoria 2011. As bolsas estarán dotadas cunha cantidade base anual de 19.460 euros que poderá ascender ata 34.000 euros dependendo do país e cidade de destino.

 

Os bolseiros escollidos no marco desta convocatoria xa publicada no DOG (3 de xaneiro) realizarán, entre outras, prácticas referidas á busca de oportunidades de negocio para as empresas galegas ou á captación de investimentos cara á Galicia. As bolsas terán unha duración máxima de doce meses que poderá ser prorrogada  polo Igape por un máximo doutro ano adicional.

 

O obxecto destas axudas diríxese a formar a especialistas no ámbito internacional á vez que realizan prácticas encamiñadas á captación de investimentos e expansión exterior da empresa galega; as prácticas estarán referidas á detección de potenciais investidores estranxeiros cara a Galicia, busca de oportunidades de negocio e investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras.

 

A Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, impulsa deste xeito  a formación de capital especializado no ámbito da internacionalización, co obxectivo de colaborar activamente, por outra parte, no necesario proceso de aceleración da proxección exterior do tecido empresarial galego, así como nos labores de detección e atracción de investimentos cara a Galicia.

 

A Xunta de Galicia promove a internacionalización do tecido empresarial galego mediante diferentes vías, entre as que destacan os servizos gratuítos e as bases de apoio específicas para proxectos e iniciativas de internacionalización, que proximamente serán publicadas polo Igape na convocatoria correspondente a 2011;  as 11 liñas de apoio convocadas en 2010 mobilizaron  1.400 solicitudes con investimentos ou gastos financiables cifrados en 35 millóns de euros.

 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s