La Consellería del Mar prohíbe capturar nécoras a partir del 7 de enero

A CONSELLERÍA DO MAR PROHIBE CAPTURAR NÉCORA A PARTIR DO 7 DE XANEIRO
 O período de veda deste crustáceo esténdese dende o 6 de xaneiro ata o 3 de xullo

Santiago, 07 de xaneiro de 2011.- Segundo a Orde do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o 2011, a Consellería do Mar prohibe a captura da nécora a partir do 6 de xaneiro. O calendario aprobado no Plan Xeral de Explotación Marisqueira establece que a actividade de extracción deste crustáceo estará prohibida ata o día 3 de xullo. O departamento que dirixe Rosa Quintana, persegue con esta medida técnica favorecer a reprodución e reducir o esforzo pesqueiro que soportan as poboacións desta especie na Comunidade Autónoma de Galicia.

A extracción da nécora estivo autorizada dende o 5 de xullo de 2010 ata hoxe. Neste período de tempo capturáronse 115.877,37 quilos nas augas galegas cun importe total de 1.973.029,18 euros.

A Consellería do Mar lembra que na actualidade tamén están en veda outros crustáceos como o santiaguiño (Scyllarus arctus) ata o 2 de outubro, o lumbrigante (Homarus gammarus) e a lagosta (Palinrus elephas), ambas especies ata o 30 de xuño.

¿Y tú qué opinas de esto?