El Diario Oficial de Galicia hace oficial la resolución del nuevo concurso eólico

A PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN EÓLICA PERMITIRÁ A POSTA EN MARCHA DO MAIOR PLAN INDUSTRIAL DE GALICIA

 O concurso levouse a cabo cumprindo os prazos con exactitude, coa utilización exclusiva de recursos públicos e con transparencia
 A resolución eólica blinda a execución dos plans industriais cun investimento de 6.000 millóns de euros que permitirá a creación de preto de 14.000 novos postos de traballo
 A resolución, culminada nos catro meses comprometidos, ten sido froito dun labor exhaustivo de estudo e revisión de cada parque, empresa e proxecto industrial presentado ao concurso eólico

Santiago, 29 de decembro de 2010.- O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a publicación da resolución do concurso eólico que permitirá aposta en marcha “do maior Plan Industrial de Galicia”, asociado á convocatoria de 2.325 novos MW eólicos”, segundo sinalou o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra.

O concurso levouse a cabo cumprindo os prazos con exactitude, coa utilización exclusiva de recursos públicos e con transparencia. Ademais, a seguridade xurídica ten garantido a independencia e a imparcialidade deste proceso; primeiro coa nova lei, que regula o aproveitamento eólico en Galicia; despois coa orde eólica, na que se estableceron criterios obxectivos de valoración, e agora coa resolución do concurso.

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, cualificou a resolución da convocatoria de admisión a trámite de 2.325 novos MW eólicos, o plan re-Xurde 2010, como “o motor industrial e socioeconómico que aportará á nosa Comunidade Autónoma 6.000 millóns de euros de investimento e permitirá a creación de preto de 14.000 novos postos de traballo”

A resolución, cuxo camiño culminouse nos catro meses comprometidos, ten sido froito dunha labor exhaustiva de estudo e revisión de cada parque, empresa e proxecto industrial, presentado ao concurso eólico. De xeito que a proposta de resolución da Comisión de Valoración, fai unha análise, de cada caso, en consonancia co establecido na orde, feita pública o pasado día 19 de novembro.

Neste sentido, cómpre lembrar que non haberá ningún parque en Rede Natura, xa que neste concurso estableceuse o máximo respecto medioambiental como un criterio básico.

Por outra banda, a resolución reflicte a galeguidade das empresas adxudicatarias, “posto que practicamente o 80% delas teñen capital galego” e, tal e como establece a orde eólica, blinda a execución dos plans industriais, outorgando até o 31 de xaneiro como prazo para que as empresas que obtiveron MW por debaixo do mínimo (fixado por elas mesmas) opten por renunciar, monetarizar ou ben desenvolver o plan industrial.

Ademais, tamén establecese do 1 ao 15 de febreiro como período para que, tanto as empresas que non obtiveron o que solicitaron, pero lograron mais MW do mínimo comprometido, así como as que obtiveron menos e opten por desenvolvelos seus plans igualmente, presenten os seus proxectos reaxustados, tal e como se indica na regra de proporcionalidade do artigo 7.1 da orde.

Os datos da resolución indican, neste senso, que o ratio medio de investimento por MW é superior aos 2,5 millóns de euros, e o ratio medio de emprego por MW achégase aos 6 postos de traballo.

Viabilidade técnica
O Plan re-Xurde 2010 no que se integra a nova orde de convocatoria pública do concurso de 2.325 MW de potencia da Consellería de Economía e Industria garante a viabilidade técnica dos proxectos eólicos ao estruturar Galicia en 10 zonas eléctricas cunha potencia limitada en cada unha delas, nas que se integran as 191 Áreas de Desenvolvemento Eólico perfectamente delimitadas e incluídas no vixente Plan Sectorial Eólico de Galicia, ao contrario do que ocorría no anterior concurso.

Deste xeito, a Consellería de Economía e Industria que dirixe Javier Guerra Fernández ordea e garante o desenvolvemento da viabilidade técnica dos proxectos eólicos para que Galicia recupere o liderado neste eido. A orde, tal e como se explicou, divide Galicia en 10 zonas eléctricas con garantías reais de evacuación de enerxía que completan un total de 2.325 MW, e os parques deberán estar incluídos nalgunha das Áreas de Desenvolvemento Eólico que compoñen as zonas e que están dentro do vixente Plan Sectorial Eólico.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s