Feijóo declara que con el nuevo concurso eólico se acabó «el chollo de los nacionalistas»

Garante que o Goberno galego seguirá facendo todo o que está nas súas mans para outorgar liquidez ás empresas: “pagando as facturas da Xunta; plantexando un plan de avais de 400 millóns de euros para as empresas; plantexando deducións fiscais para investir en Galicia; e facendo unha gran caixa de aforros galega”

El presidente de la Xunta garantiza que el gobierno gallego seguirá con las actuaciones para otorgar liquidez a las empresas: «Pagando las facturas; planteando un plan de avales de 400 millones de euros, y deducciones fiscales; y haciendo una gran caja de ahorros gallega

 Feijóo destaca que con el nuevo concurso eólico se pasó «del chollo de los nacionalistas» a 14.000 empleos para los gallegos y una inversión de 6.000 millones de euros en Galicia

FEIJÓO DESTACA QUE CO NOVO CONCURSO EÓLICO PASOUSE “DO CHOIO DOS NACIONALISTAS” A 14.000 EMPREGOS PARA OS GALEGOS E UN INVESTIMENTO DE 6.000 MILLÓNS DE EUROS EN GALICIA

 

  • “A diferenza entre o reparto eólico do bipartito e o concurso eólico deste Goberno é que o concurso eólico vai xerar tanto investimento en Galicia como todos os presupostos da Xunta dunha lexislatura e só temos un obxectivo: o emprego dos galegos”, asegura
  • Afirma que os presupostos da Xunta seguirán sendo rigorosos; “non imos deixar 2.600 millóns de euros para que o pague o Goberno seguinte como fixo o bipartito”
  • Subliña o esforzo que está a facer o Goberno galego para: triplicar o número de dependentes que cobran a Lei de dependencia; duplicar o número de prazas en gardarías infantís e duplicar o número de prazas en centros de día e en residencias da terceira idade

 

Santiago, 15 de decembro de 2010.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta maña, no Parlamento, que co concurso eólico pasouse “do choio dos nacionalistas” a 14.000 empregos e un investimento de 6.000 millóns de euros en Galicia. “A diferenza entre o reparto eólico do bipartito e o concurso eólico deste Goberno é que o concurso eólico vai xerar tanto investimento en Galicia como todos os presupostos da Xunta dunha lexislatura e só temos un obxectivo: o emprego dos galegos. No reparto eólico do bipartito só tiñan un obxectivo: o choio dos nacionalistas”.

 

En resposta á pregunta do BNG, o titular da Xunta garantiu que o Goberno galego seguirá facendo todo o que está nas súas mans para outorgar liquidez ás empresas. “Primeiro, -dixo- pagando as facturas da Xunta; segundo, plantexando un plan de avais de 400 millóns de euros para as empresas; terceiro, plantexando deducións fiscais para investir en Galicia; e cuarto, facendo unha gran caixa de aforros galega”.

 

“Coas competencias que temos –explicou- implementamos todas as políticas que están ao noso alcance para manter unha cota de desemprego 5 puntos inferior á taxa de desemprego de España. Plantexamos todas as medidas que están ao noso alcance e que afectan a todos os nosos sectores produtivos, ao sector téxtil, ao sector do automóbil, ao sector da lousa, ao sector da pedra, ao sector lácteo, ao sector primario … E plantexamos, tamén, outra serie de medidas que afectan á liquidez e aos recursos financeiros, medidas que afectas ás infraestruturas, ao capital humano, á internacionalización da economía e á innovación”.

 

Así mesmo, afirmou que os presupostos da Xunta seguirán sendo rigorosos; “non imos deixar –aseverou- 2.600 millóns de euros para que o pague o Goberno seguinte como fixo o bipartito”. E amosouse satisfeito polo esforzo que está a facer o Goberno galego para: triplicar o número de dependentes que cobran a Lei de dependencia, “fronte ao bipartito que durante catro anos non foi capaz de chegar nin a 15.000”; duplicar o número de prazas en gardarías infantís e duplicar o número de prazas en centros de día e en residencias da terceira idade.

 

Feijóo lembrou que “todo isto fíxose pagando o que debemos; non deixando a deber e pagando as facturas e non mantendo 2.600 millóns de euros para que os pague o goberno seguinte”. “Imos seguir facendo infraestruturas; imos seguir facendo solo empresarial; consensuamos co sistema universitario galego os presupostos ata o ano 2015, e seguiremos traballando”, concluíu.

Un comentario sobre “Feijóo declara que con el nuevo concurso eólico se acabó «el chollo de los nacionalistas»

¿Y tú qué opinas de esto?