COMUNICADO DE LA ASOCIACIÓN ECOLOGISTA ADEGA
Megawatios por lixo: as indecentes cambadelas da Xunta e os seus amigos
A resolución do concurso eólico -a día de hoxe aínda non oficial- trouxo non poucas sorpresas, non tanto relacionadas co reparto dos Mw (GN-Fenosa, tabeiróns da especulación enerxética e empresas amigas), como cos «proxectos asociados», quer a planta de tratamento de refugallos que apresentou Estela Eólica. Precisamente, un dos maiores problemas do novo Plano de Residuos é ubicar esta «SOGAMA do sur» e conquerir o financiamento privado para a incineradora (230 millóns de €), a metade de todo custo do PXRUG.
Máis á vista dos resultados do concurso eólico, a Xunta resolve dun «decretazo» dous problemas: financiar a incineradora do sur (Estela Eólica estaría obrigada a facela a cambio dos Mw e non podería capitalizar o investimento) saltándose o concurso público para a adxudicación da infraestrutura e privatizar definitivamente a xestión dos RSUs, un negocio ruinoso para a Xunta.
A folla de ruta do novo PXRUG ten outra fita este mes de decembro. Segundo o conselleiro Hernández, o plano estará aprobado denantes de fin de ano e deberá ter en conta a proposta de infraestrutura de «tratamento» presentada por Estela Eólica, que estará con toda seguridade baseada na incineración.
A este respeito, na estratexia da Xunta hai dúas importantes eivas. A primeira, a derivada da conflitividade social e conseguinte erosión eleitoral (municipais en 2011) que seguramente provocará unha incineradora para 900.000 Tm ano no sur de Galiza. E a segunda é a temporalización: a incineradora prevese que esté operativa en 2014, mais tendo en conta que a construción -supoñendo que a licitación sexa en 2011- demorarase uns 2-3 anos, que a empresa quererá ingresar algún rendemento polos seus novos parques eólicos denantes de desembolsar 230 millóns de €, e que en 2013 hai eleccións galegas, o máis probábel é que non chegue a construirse en prazo.
Por iso, tanto as infraestruturas do propio PXRUG como os investimentos vencellados á resolución do concurso eólico son virtuais: os primeiros non se chegarán a executar nesta lexislatura, e os segundos nunca o farán. Aí están os ridículos investimentos asociados ao desenvolvemento eólico durante a era Fraga. Básicamente as empresas adicáronse a aplicar a estratexia de «colle os cartos e corre», fuxindo dos seus compromisos de criar portos de traballo através de planos industriais asociados (ver o estudo do economista da U. de Vigo Xabier Simón «Plans eólicos empresariais no sector eólico galego«).
O concurso eólico é portanto outro instrumento de propaganda (con incineradora apegada) ao servizo da Xunta para camuflar a enaxenación dos nosos recursos naturais aos tabeiróns da especulación enerxética. Trátase simplemente de privatizar o vento e os refugallos coartando calquera posibilidade de desenvolvemento socialmente xusto e ambientalmente sustentábel.
[…] de los aspectos fundamentales del nuevo concurso eólico es y será el máximo respeto medioambiental para convertir el Plan Re-Surge en el mayor plan […]
Me gustaMe gusta