Para final de año estará lista la nueva área de estacionamiento de Portomarín y se mejorarán las de Burela, Ribadeo, Vilalba y Viveiro

Foto: http://www.fnarr.net/

A XUNTA Inviste MÁIS DE 200.000 EUROS NA CONSTRUCIÓN Da ÁREA DE ESTACIONAMENTO EN PORTOMARÍN e na MELLORA DOUTRAS CATRO  ÁREAS NA PROVINCIA DE LUGO

 

 

 La Xunta invierte más de 200.000 euros en la construcción del área de estacionamiento de Portomarín y en la mejora de otras cuatro áreas similares en la provincia de Lugo. El objetivo será mejorar la regulación del tráfico, ya que se centraliza en un único lugar tanto las llegadas como las salidas de los autobuses, en aquellos concejos en que por su dimensión o configuración urbana no sea adecuada la construcción de una estación de autobuses.

  • Este tipo de dársenas son infraestruturas similares ás estacións de autobuses naqueles concellos en que pola súa dimensión ou configuración urbana non é adecuada a construción dunha estación
  • O obxectivo será mellorar a regulación do tráfico xa que se centralizará nun único lugar tanto as chegadas como as saídas dos autobuses, polo que non prexudicarán aos demais usuarios da vía

 

Santiago, 22 de novembro de 2010.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, inviste 204.618 euros na construción dunha nova área de estacionamento en Portomarín, así como nas melloras doutras catro áreas na provincia de Lugo; en Vilalba, Ribadeo, Burela e Viveiro.

 Concretamente, na nova área en Portomarín investiranse máis de 102.000 euros e a empresa adxudicataria foi Construcciones López Cao S.L. O espazo no que se situará será na marxe dereita da rúa Pelegrín, a escasos metros do cruce coa avenida de Sarria. A marquesiña disporá dunha altura de 4 metros e permitirá resgardar aos usuarios das inclemencias climatolóxicas. O chan da zona de espera será antiescorregadizo e disporá de alumeado adecuado, así como de bancos e papeleiras.

Outras actuacións

A Consellería de Medio Ambiente tamén está a executar melloras noutras catro estacións da provincia de Lugo. Na área de estacionamento de Vilalba será preciso substituír as canalizacións baixantes así como os caneiros, e tamén será preciso revisar, reparar e facer o selado do tellado. Os arranxos concluirán coa limpeza exterior das humidades do lugar. En total, implicará un investimento de preto de 60.000 euros e a empresa adxudicataria foi Atlántica de Construción e Medio Ambiente S.L.

 Por outra banda, nos concellos de Burela, Ribadeo e Viveiro levaranse a cabo obras de mantemento dos cadros eléctricos e dos elementos de seguridade. O valor das actuacións nestes tres concellos é de 54.370 euros e a empresa adxudicataria será Construciones Integrales e Instalaciones Técnicas S.L.

 Este tipo de dársenas son infraestruturas similares ás estacións de autobuses naqueles concellos en que pola súa dimensión, como pola súa configuración urbana, non é adecuada a construción dunha estación. Estas actuacións beneficiarán a máis de 53.000 veciños dos cinco concellos lugueses; 1.800 veciños de Portomarín, 15.450 de Vilalba, 9.400 veciños de Burela, 16.240 de Viveiro e 10.000 de Ribadeo.

 O obxectivo básico será mellorar a regulación do tráfico xa que se centralizará nun único lugar tanto as chegadas como as saídas dos autobuses, ao tempo que non se obstaculiza aos demais usuarios da vía.

 A previsión da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é que estas actuacións estean rematadas antes de final de ano.

Un comentario sobre “Para final de año estará lista la nueva área de estacionamiento de Portomarín y se mejorarán las de Burela, Ribadeo, Vilalba y Viveiro

¿Y tú qué opinas de esto?