La Xunta garantiza el sistema sanitario público e incorpora la vacuna del neumococo al calendario infantil

O presidente galego interveu en Santiago no II Taller Pediátrico Compostelán

Intervención de Feijóo en el II Taller Pediátrico Compostelano 

El presidente gallego anuncia que la Xunta incorporará la vacuna frente al neumococo en el calendario infantil para que los niños puedan beneficiarse de ella

FEIJÓO ANUNCIA QUE A XUNTA INCORPORARÁ A VACINA FRONTE AO NEUMOCOCO AO CALENDARIO INFANTIL PARA QUE OS NENOS GALEGOS TEÑAN ACCESO A ELA

  •  Galicia se convierte así en una de las primeras comunidades autónomas en aplicar esta vacuna a los más pequeños, apostando además por su modelo más avanzado
  • Feijóo señala que aún siendo éste  “un momento en que contamos con recursos limitados”, siguen aplicándose medidas para garantizar el sostenimiento del sistema y lograr una gestión más eficiente, lo que según el gobierno gallego les permitirá “hacer un esfuerzo en las infraestructuras sanitarias, intentar que los hospitales y centros de salud implanten de forma generalizada las nuevas tecnologías, y prestar más servicios como es la incorporación de esta nueva vacuna al calendario infantil”
  • El presidente gallego destaca el compromiso de la Xunta para que el 50% de la población cuente con un hospital nuevo y el otro 50% pueda disfrutar de un hospital ampliado, reforzado y actualizado, y para que el 20% disponda de un nuevo centro de salud
  • “No nos perdonaríamos nunca que nuestra generación pusiese en riesgo el sistema sanitario que lograron generaciones anteriores”, concluyó

 

  • Remarca que deste xeito o Executivo autonómico cumpre coas recomendacións dos expertos e organizacións nacionais e internacionais; coa Organización Mundial da Saúde; e co compromiso adquirido co futuro de Galicia, cos nenos e nenas de Galicia, que se converterá nunha das primeiras comunidades autónomas que o fai, apostando ademais, polo modelo máis avanzado da vacina
  • Sinala que “nun momento no que os recursos son limitados” as medidas que se están aplicando para garantir o sostemento do sistema e lograr unha xestión máis eficiente, permítenos facer un esforzo nas infraestruturas sanitarias, tentar a xeneralización das novas tecnoloxías sanitarias nos hospitais e nos centros de saúde, e prestar máis servizos, como a incorporación da vacina fronte ao neumococo no calendario infantil do Servizo Galego de Saúde”
  • Destaca o compromiso da Xunta para que o 50% da poboación galega conte cun hospital novo e para que o outro 50 % goce dun hospital ampliado, reforzado e actualizado, e o 20% da poboación dispoña dun novo centro de saúde
  • Subliña a elaboración dun catálogo priorizado de prescrición de medicamentos que incluirá aqueles que cumpran os criterios de “eficacia e eficiencia”
  • Lembra que un obxectivo prioritario do Executivo autonómico é garantir o sostemento do sistema, por iso se traballa para dotalo de racionalidade, aforrando alí “onde podemos e así investir onde é necesario”
  • Advirte da irresponsabilidade que sería poñer en risco o sistema sanitario público: “non nos perdoariamos nunca que a nosa xeración puxese en risco o sistema sanitario que conseguiron as xeracións anteriores. Confésolle que lograr este obxectivo é unha das grandes prioridades da lexislatura do Goberno galego”, asevera

 

Santiago, 21 de novembro de 2010.- “Quero anunciarlles que incorporaremos de forma inminente e progresiva a vacina fronte ao neumococo para que os nenos galegos teñan acceso a ela”. Así o avanzou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que participou, xunto coa conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, no II Taller Pediátrico Compostelán.

 Durante a súa intervención, o mandatario galego lembrou que as “vacinas teñen constituído e constituirán unha prioridade para o Goberno galego. Foino cando estabamos na oposición, e así deixamos constancia diso no noso programa electoral, e éo agora que estamos no Goberno, como non podía ser doutra forma”, aseverou.

Por iso, engadiu, “nun momento no que os recursos son limitados, as medidas que estamos aplicando para garantir o sostemento do sistema e para lograr unha xestión máis eficiente, permítenos facer un esforzo sen precedentes nas infraestruturas sanitarias, permítenos tentar, e estou convencido conseguir, a xeneralización das novas tecnoloxías sanitarias nos hospitais e nos centros de saúde, e tamén nos permite, cada vez prestar máis servizos, como a incorporación da vacina fronte ao neumococo no calendario infantil do Servizo Galego de Saúde”, argumentou.

 E deste xeito, abondou, “cumprimos coas recomendacións dos expertos e das organizacións nacionais e internacionais; coa Organización Mundial da Saúde; e cumprimos o compromiso que adquirimos co futuro de Galicia, cos nenos e coas nenas de Galicia, que se converterá así nunha das primeiras comunidades autónomas que o fai, apostando ademais, polo modelo máis avanzado da vacina.”

 Impulso á pediatría galega

Na súa intervención, o presidente da Xunta destacou que o “impulso e o desenvolvemento da pediatría galega nos últimos anos ten sido espectacular”, tanto no académico como no asistencial da man de grandes mestres como o profesor Peña Guitián, “ten o seu maior referendo na práctica real na envexable saúde da que goza a infancia, os nenos e as nenas galegos”, e avogou por seguir mantendo este esforzo “colectivo e permanente”.

 Neste sentido, Feijóo incidiu en que o Goberno que preside se sumou, desde o primeiro momento, “á busca de fórmulas que nos permitan cubrir as necesidades sanitarias dos cidadáns e, especialmente –dixo-, dos máis pequenos”. Pero “ese compromiso público que temos adquirido noutras ocasións e que tentamos explicar non é un compromiso unilateral”, asegurou, incidindo en que “somos plenamente conscientes de que o seu apoio –dixo dirixíndose aos presentes- é fundamental: cada avance que deamos para mellorar a asistencia pediátrica ha de contar coas súas achegas e coa súa participación”, considerou.

 Infraestruturas e sistema transparente, eficaz e eficiente

“E a este criterio de responsabilidade compartida confiamos todas as nosas decisións en materia sanitaria”, indicou o mandatario galego remarcando que así se fixo, por exemplo, a través das infraestruturas. “A Consellería de Sanidade e o Goberno galego teñen un compromiso claro: a pesar da dificultade económica, a pesar da crise económica, a pesar da baixada abrupta e sen precedentes dos ingresos públicos, a pesar de todo isto, esta lexislatura será a lexislatura da sanidade”, afirmou.

 E esta lexislatura ten un compromiso moi concreto no ámbito das infraestruturas: que o 50% da poboación galega teña un hospital; que o 50% das camas do Servizo Galego de Saúde sexan novas; que o número de hospitais, o de Lugo que estamos abrindo a partir do luns, o de Pontevedra e o de Vigo, grandes hospitais públicos que construiremos nesta lexislatura, xunto cos plans directores doutros hospitais, algúns xa adxudicados, como o do Hospital de Coruña, ou outros en estudo, como o Hospital de Ourense, se comprometa e comprometamos que o 50% da poboación galega terá un hospital novo e o outro 50% gozará dun hospital ampliado, reformado e actualizado.

No ámbito das infraestruturas, o presidente galego dixo ser consciente tamén de que “a porta de entrada ao sistema é e ha de seguir sendo a atención primaria”. Por iso, engadiu, “sen saírnos do ámbito das infraestruturas, o 20 % da poboación galega terá un centro de saúde novo”.

 Respecto á xestión, Feijóo lembrou que a Xunta asinou un acordo de xestión que aposta por un sistema “máis transparente, máis eficaz e máis eficiente en todos os ámbitos”, desde o uso das novas tecnoloxías ata a priorización por gravidade do paciente das listas de espera.  

 Catálogo de medicamentos baixo criterios de “eficacia e eficiencia”

“E seguiremos traballando no ámbito da xestión noutras materias, como é ordenar con eficiencia o diñeiro que é de todos; e o diñeiro da sanidade é de todos; e o diñeiro que destinamos ao gasto farmacéutico é de todos; e,en consecuencia, todos temos dereito a decidir sobre as porcentaxes de gasto sobre cada unha das materias que financian a sanidade”, incidiu.

 Así, do mesmo modo que se fixo a través das campañas de fomento dos xenéricos –que teñen permitido diminuír durante cinco meses consecutivos o gasto farmacéutico-,  “seguiremos o camiño indicado polo Parlamento e elaboraremos, de acordo co Parlamento galego, un catálogo priorizado de prescrición de medicamentos”, dixo. Un catálogo, explicou Feijóo, que incluirá os medicamentos que cumpran os criterios de eficacia e de eficiencia. É dicir, “que garantindo a súa calidade e a súa seguridade, poidan permitirnos destinar máis diñeiro a outras parcelas da sanidade, destinar máis diñeiro ás infraestruturas sanitarias, á tecnoloxía sanitaria, á asistencia pública, á redución das listas de espera prioritarias, e, en definitiva,  a mellora a satisfacción do paciente”.

 Evitar que o sistema sanitario estea en risco

“Neste momento o mellor servizo que lle podemos facer as administracións públicas e os profesionais dos servizos de saúde é garantirlles o sostemento do sistema sanitario”, aseverou Feijóo, advertindo de que “agora que xa ninguén pode ocultar que outro dos sistemas públicos claves da sociedade española, como é o sistema das pensións, está nunha situación de risco, creo que sería unha irresponsabilidade poñer tamén o sistema sanitario nunha situación de risco económico”.

“Non nos perdoariamos nunca que a nosa xeración puxese en risco o sistema sanitario que conseguiron as xeracións anteriores. Confésolle que lograr este obxectivo é unha das grandes prioridades da lexislatura do Goberno galego”, aseverou. De aí, dixo, “coa mesma firmeza que decidimos destinar tres de cada catro euros á política social no orzamento de 2011, con esa mesma firmeza desde a Xunta tamén estamos traballando para dotar de racionalidade ao sistema, de tal forma que consigamos aforrar alí onde podemos e así poder investir alí onde é necesario”.

 Papel clave da investigación

Por último, o presidente da Xunta lembrou que o Executivo que preside é plenamente consciente do papel clave que a investigación ten para Galicia. Por iso dixo, “estamos tratando activamente non só de manter e mellorar a oferta e a competitividade dos equipos galegos; ademais, por qué non, estamos tentando atraer de novo á nosa terra aos investigadores que se foron a outros países, que triunfaron neses países para que poidan volver a Galicia se queren continuar cos seus traballos de investigación”. “Nese sentido seguirémolo facendo, e desde logo a tenacidade e a ambición de moitos investigadores galegos, como os que están aquí, son un orgullo e un estímulo para seguir traballando nesta liña. Anímovos a seguir esforzándovos para conseguilo e comprometo que a Xunta de Galicia non se vai apartar nin un ápice dese mesmo obxectivo”, concluíu. 

Un comentario sobre “La Xunta garantiza el sistema sanitario público e incorpora la vacuna del neumococo al calendario infantil

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s