El servicio de guardacostas de Irlanda se interesa por una herramienta web desarrollada en Galicia útil en situaciones de contaminación marina accidental

Guardacostas de Galicia. Foto: lapescata.blogspot.com

O SERVIZO DE GARDACOSTAS DE IRLANDA INTERÉSASE POR UNHA FERRAMENTA “WEB” DESENVOLVIDA NO INTECMAR, MOI ÚTIL EN SITUACIÓNS DE EMERXENCIA POR CONTAMINACIÓN MARIÑA ACCIDENTAL

 El servicio de guardacostas de Irlanda se interesa por una herramienta ‘web’ desarrollada por el Intecmar gallego, muy útil en situaciones de emergencia por contaminación marina accidental.

  • Fai moito máis eficaces e operativos os Sistemas de Información Xeográfica
  •  Un técnico do Instituto exporá en Dublín os seus fundamentos e manexo

 

Santiago, 14 de novembro de 2010.- O xefe da Unidade de Modelado Oceanográfico do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR), Pedro Montero, viaxou a Dublín, invitado polo Director Xeral do Gardacostas irlandés (Irish Coast Guard), Chris Reynolds, para expoñer en que consiste e como se manexa un servizo “web” desenvolvido no Instituto de Vilaxoán, que dota de máis operatividade e fai máis eficaces os Sistemas de Información Xeográfica (SIX), en situacións de emerxencia por contaminación mariña accidental.

 

Basicamente, a ferramenta consiste nun “interface web” que, a través de protocolos de intercambio estándares, é capaz de integrar nun mapa interactivo información xeográfica de moi distinta índole e procedencia. Desta maneira, a información xeográfica que nunha situación de crise por contaminación mariña accidental necesita ser cartografada –como por exemplo a liña de costa, a batimetría, os bancos marisqueiros, os caladoiros, os ventos, as correntes, a posición dos barcos que interveñen no operativo, ou a situación das manchas contaminantes- ponse ó dispor dos responsables de encarar a emerxencia, para así poder combatela do mellor xeito posible.

 A ferramenta, un software que a través dunha páxina web integra toda esa información, ten ademais a vantaxe de separar o interface que amosa as capas (cada distinta información), do software que sirve as capas. Isto significa que se trata de dous programas diferentes: un o que pon a información en internet, e outro o interface que a recolle, para integrala e representala. Desa maneira, as capas non só poden ser vistas polo interface do INTECMAR, senón por outros que estean máis adaptados a outros usuarios.

 No INTECMAR desenvolveuse este servizo web no marco do proxecto ARCOPOL (Atlantic Regions Coastal Pollution Response), dando cumprimento a un dos principais obxectivos desta iniciativa europea, como é o de desenvolver ferramentas e metodoloxías estándares, que contribúan á mellora das capacidades das autoridades locais e rexionais, no que atinxe á preparación, resposta e mitigación da contaminación mariña accidental, especialmente no relativo ós hidrocarburos, sustancias nocivas e potencialmente perigosas e inertes.

3 comentarios sobre “El servicio de guardacostas de Irlanda se interesa por una herramienta web desarrollada en Galicia útil en situaciones de contaminación marina accidental

¿Y tú qué opinas de esto?