La Xunta se niega a financiar las 150 líneas deficitarias de ferrocarril de Renfe en la región

“Todas as liñas deficitarias de ferrocarril teñen transporte público alternativo con autobuses que ofrecen o mesmo servizo, polo que a mobilidade dos cidadáns está garantida”

 HERNÁNDEZ AFIRMA QUE A XUNTA DE GALICIA “NON VAI A FINANCIAR A XESTIÓN INEFICIENTE DE RENFE”

La Xunta dice que “no va a financiar la gestión ineficiente de Renfe”, con el argumento de que “todas las líneas de ferrocarril tienen transporte público alternativo con autobuses que ofrecen el mismo servicio, por lo que la movilidad de los ciudadanos está garantizada”, dicen.

El gobierno gallego toma esta decisión alegando que, tras 15 años de convenio, Renfe no consiguió rentabilizar las líneas del acuerdo. “De las 150 líneas deficitarias que subvenciona la Xunta de Galicia, tan solo la de A Coruña-Ferrol aumentó el número de usuarios en un 4 por ciento”, dijo el conselleiro de Infraestructuras, Agustín Hernández. Hernández defiende que “no es asumible”, dado el contexto económico actual, aportar ayudas que superan los 4 millones de euros anuales. También recordó que en repetidas ocasiones se le comunicó al Ministerio de Fomento  la necesidad de implantar una Jefatura de Cercanías en Galicia, que pudiese repercutir en la mejora de los servicios.

 

  • O Goberno galego toma esta decisión despois de que, tras 15 anos de convenios, Renfe non conseguiu  rendibilizar as liñas obxecto de convenio
  • O conselleiro de Medio Ambiente asegurou hoxe que das 150 liñas deficitarias que subvenciona a Xunta de Galicia, tan só a da Coruña- Ferrol aumentou o número de usuarios nun 4 por cento
  • O responsable de Infraestruturas defende que non é asumible, dado o contexto de económico actual, achegar axudas que superan os 4 millóns de euros anuais
  • Agustín Hernández recorda que, en repetidas ocasións, se lle trasladou ao Ministerio de Fomento a necesidade de implantar unha Xefatura de Cercanías en Galicia, o que repercutiría na mellora dos servizos

 

Santiago, 13 de novembro de 2010.-  En relación coas liñas deficitarias de ferrocarril en Galicia, “o actual Goberno non vai a financiar a xestión ineficiente de Renfe”, afirmou o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, no Pleno do Parlamento. Enfatizou, neste sentido, que a Xunta de Galicia “non subvencionará os orzamentos do Estado cos cartos dos galegos”.

 Deste xeito, confirmou que o seu departamento deixará de subvencionar as liñas deficitarias de Renfe que operan na nosa comunidade, pero garantirá a mobilidade de todos os galegos con independencia do seu lugar de residencia. Engadiu que a Xunta non vai a pagar a unha empresa pública subvencións por viaxeiro ao custe que tería o desprazamento desa mesma persoa, incluso nalgúns casos, en taxi.

 A decisión tomada pola Consellería de Medio Ambiente vén motivada pola escasa afluencia de viaxeiros nestas liñas nos últimos anos e porque despois de 15 anos de convenios a empresa Renfe non conseguiu a viabilidade económica en ningunha delas. É dicir, dende o ano 1995 a Xunta de Galicia destinou máis de 40 millóns de euros para mellorar o número de frecuencias destas liñas así como para a renovación do parque de vehículos da rede ferroviaria, sen que as melloras nos servizos repercutiran no aumento do nivel de usuarios. Polo tanto, o obxectivo de que estas liñas deixaran de ser deficitarias mediante o apoio económico da Administración autonómica, non se cumpriu.

 Agustín Hernández recordou a modo de exemplo que tan só a liña que vai da Coruña ata Ferrol aumentou o número de usuarios nun 4% nos últimos anos, xa que no 2006 houbo 53.273 e no 2009  foron 55.535 viaxeiros.

 Tendo en conta o investimento feito por cada viaxeiro dalgunhas destas liñas, os datos son aínda menos xustificables. Por exemplo, a liña Ourense-A Mezquita supón un gasto de 42 euros por cada viaxeiro cando tan só 10.000 usuarios utilizaron o servizo en 2009. Polo tanto, significa que esta subvención non acada o fin proposto: que as liñas sexan viables por si mesmas. Por outra banda, estas liñas –argumentou o conselleiro- teñen transporte público alternativo con autobuses que ofrecen o mesmo servizo, con custe e frecuencia similar.

 En conclusión, Hernández afirmou que a situación económica actual non permite que a Xunta siga a realizar un investimento anual de máis de 4 millóns de euros para manter un convenio que non está a cumprir ningún dos seus obxectivos. Argumentou que resulta difícil explicar aos cidadáns galegos que no contexto actual se manteñan con estas achegas, que se subvencionan co diñeiro de tódolos galegos estes servizos ferroviarios que apenas contan con viaxeiros. Ademais, segundo o último convenio firmado no 2006, esta subvención que outorgaba a Xunta de Galicia non só se destinaba a liñas de baixa afluencia como a anteriormente citada senón que tamén incluía a liña Vigo-Pontevedra; sendo unha das liñas con maior tráfico na nosa comunidade.

 Agustín Hernández recordou unhas palabras do ministro de Fomento, José Blanco, en referencia á subvención das liñas deficitarias de Renfe, nas que asegurou que manter liñas deficitarias resulta ineficiente e incompatible co rigor do déficit.

 Xefatura de cercanías

O conselleiro de Medio Ambiente recordou que, en repetidas ocasións, se lle trasladou ao Ministerio de Fomento a necesidade de implantar unha Xefatura de Cercanías en Galicia, feito que repercutiría na mellora dos servizos. Sen embargo, como asegurou Agustín Hernández, Fomento “non semella ter interese pola implantación deste servizo en Galicia, ao contrario doutras comunidades autónomas onde xa hai anos que existe”.

 Actualmente, e segundo a Lei de Sector Ferroviario, unicamente o Estado, a través de Renfe pode desenvolver servizos de transporte de viaxeiros pola rede ferroviaria do territorio galego. 

2 comentarios sobre “La Xunta se niega a financiar las 150 líneas deficitarias de ferrocarril de Renfe en la región

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s