La Xunta asegura que no se gastó ni un solo euro en la celebración del vigésimo aniversario de los guardacostas

MAR DEMOSTRA NO PARLAMENTO QUE O ACTO DE CELEBRACIÓN DO VIXÉSIMO ANIVERSARIO DE GARDACOSTAS NON SUPUXO NIGÚN GASTO PARA AS ARCAS PÚBLICAS – La Consellería del Mar de Galicia demuestra en el Parlamento qeu el acto de celebración del vigésimo aniversario del servicio de guardacostas «no supuso ningún gasto para las arcas públicas»

  • En comisión 8ª de pesca e marisqueo, o secretario xeral da Consellería do Mar asegurou que o seu departamento “non pagou un só euro” por esta homenaxe “para a xente que traballou ao longo de 20 anos para salvar máis de 1.300 vidas humanas” –En la comisión 8ª de pesca y marisqueo, el secretario general de la Consellería aseguró que su departamento «no pagó ni un solo euro» por este homenaje, dedicado «a la gente que trabajó a lo largo de 20 años para salvar más de 1.300 vidas humanas»
  • 

  • O secretario xeral destaca que o novo seguro subvencionado pola Xunta incrementa substancialmente as condicións e os beneficios dos profesionais do mar en caso de accidente – Destacó por otro lado que el nuevo seguro subvencionado por la Xunta incrementa de forma sustancial las condiciones y beneficios que recibirán los profesionales del mar en caso de accidente.
  • O subdirector de Gardacostas, Lino Sexto, lembrou que se intensificaron as inspeccións na cadea de comercialización – El subdirector de Guardacostas, Lino Sexto, recordó que se han intensificado las inspecciones en la cadena de comercialización.
  • A directora do Intecmar explicou o procedemento que desenvolveu o centro e que levou á mellora de clasificación de dúas das tres zonas da Ría do Burgo  –La directora de Intecmar explicó por último el procedimiento que desarrolló este centro buscando la mejora de la clasificación en dos de las zonas de la Ría del Burgo.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Santiago,  7 de novembro de 2010.- O secretario xeral da Consellería do Mar, Francisco Vidal-Pardo Pardo asegurou  que o acto de celebración do vixésimo aniversario de Gardacostas “non custou nada para as arcas públicas”. Así, acorde co criterio de austeridade que a actual Xunta vén mantendo dende a súa chegada ao Goberno, este evento, que tivo lugar o 10 de agosto en Vigo, desenvolveuse mediante a colaboración das empresas implicadas, ás que reiterou o agradecemento pola súa disposición.

«Cabe destacar se tratou dun acto de recoñecemento e xustiza de xente que traballou para salvar vidas humanas. De feito, nas súas dúas décadas de vida, o servizo aéreo de rescate  tivo salvado a máis de 1.300 persoas».  O acto contou coa presenza do helicóptero Pesca I e do “Irmáns García nodal”, da Consellería do Mar.

O secretario xeral rexeitou na comisión 8ª de pesca e marisqueo as acusacións de “sectarismo” e ensinou os comprobantes que demostraron que ao acto foron invitados todos os deputados da comisión de pesca independentemente do seu grupo político.

Nova fórmula aseguradora máis eficaz e completa

Por outra banda, Vidal-Pardo recalcou que a nova fórmula aseguradora “garante unha cobertura suficiente e maior que co seguro anterior no que detectamos unhas prestacións insuficientes”.“Ese seguro non incrementaba nin un só euro o cantidade que percibiría a viúva do mariñeiro, ía simplemente a deducir a cantidade a indemnizar polo P&I co que subscribira a póliza”, lembrou.   

O secretario xeral explicou que a Consellería non pode destinar Fondos Europeos da Pesca para subvencionar este seguro xa que “é un diñeiro para a promoción de mercados para o consumo de peixe”. Neste sentido explicou que, de non dedicalos á aplicación correspondente, a Consellería tería que devolver o diñeiro a Bruxelas. 

Vidal-Pardo lembrou que ademais dos casos de falecemento, a nova póliza cubre os danos de contaminación e todos os danos a terceiros que se poidan ocasionar, aspecto que non estaba cuberto. “Estou convencido de que os profesionais do mar están mellor cubertos co novo seguro de responsabilidade civil que co anterior seguro colectivo de accidentes” dixo.  Engadiu que a Consellería está a traballar para que o marisqueo a pé non quede fóra deste seguro, co fin de mellorar esta fórmula e que non descarta ampliar a partida orzamentaria para sufragar os custos dos estudos dos orfos dos profesionais do mar.

Inspeccións do Servizo de Gardacostas

Pola súa banda, o subdirector de gardacostas deu cifras sobre as inspeccións levadas a cabo polo seu departamento no primeiro ano da posta en marcha do plan de Loita contra o furtivismo. Así, indicou que neste período os axentes realizaron 15.998 inspeccións das que 2.639 remataron en expedientes sancionadores.

No afán de intensificar o control na cadea de comercialización  e de concienciar á cidadanía de que só consuma produtos polos cauces de vía legais, dende o 1 de xullo de 2009 ata o 31 de xullo de 2010 os gardacostas inspeccionaron 3.256 establecementos nos que levantaron 324 actas de presunta infracción. Sexto precisou que nos sete primeiros meses de 2010  desenvolvéronse 1.869 inspeccións co resultado de 173 infraccións. En canto a actas de presunta infracción en transporte, os Gardacostas teñen incoado 210 actas.  

Mellora da clasificación no 90% da Ría do Burgo

A directora do Intecmar, Covadonga Salgado, explicou, unha vez máis que o Centro Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) empregou o método de referencia da Unión Europea, acreditado pola Entidade Nacional de Acreditación  para revisar, despois de tres anos, todo o litoral galego e publicar a orde de clasificación das zonas. “Os análises indicaron que 2 das 3 zonas anteriormente clasificadas como de clase C melloraron a súa clasificación para pasar a ser B, de xeito que só a parte interna da Ría do Burgo  ten a consideración de clase C”.

Lembrou que a Consellería amosouse disposta a aumentar os puntos de mostraxe nesa Ría, tal e como demandou o pósito pero fixo fincapé en que “o punto que existe é representativo”. Ademais manifestou a súa sorpresa pola dúbida da confraría coruñesa “de que os puntos de mostraxe non foran os correctos, xa que na reunión mantida con eles unhas semanas antes só querían asegurarse de que as analíticas se fixeran sobre o molusco e non sobre a auga, algo que puideron comprobar na visita que realizaron ao Intecmar”.

Salgado lembrou que a Xunta, a través das Consellerías de Medio Ambiente e Mar, activou o Plan de Saneamento das Rías que ten como horizonte o 2014 para que a rede de saneamento estea consolidada, incidindo especialmente nas zonas de marisqueo “para tratar de mellorar a clasificación das zonas”.

A directora do Intecmar lembrou que a Xunta segue á espera da resposta final de Bruxelas sobre a moratoria das zonas C. Salgado quixo aclarar que a DG SANCO, o órgano que tramita o expediente, non se pronunciou aínda sobre o asunto e que houbo unha interpretación errónea de que a petición da moratoria realizada pola Consellería do Mar fora desestimada.  Explicou que este erro ven “dunha  pregunta parlamentaria que formula IU á Dirección General de Medio Ambiente, e o que responde esta dirección – que non é o órgano que tramita o expediente- é que mentres non se resolva o expediente non se pode facer unha depuración intensiva de forma cautelar, pero iso non é nada novo, o non xa existía”.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s