El valor patrimonial del castro de As Barreiras se multiplica al hacer excavaciones que revelan numerosas construcciones

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

PATRIMONIO REMATA AS SONDAXES ARQUEOLÓXICAS NO CASTRO DE AS BARREIRAS QUE DATAN AO XACEMENTO A FINAIS DA IDADE DO FERRO  

 Patrimonio completa los sondeos arqueológicos en el castro de As Barreiras (situado en el concejo coruñés de Vimianzo) que datan el yacimiento de finales de la Edad de Hierro. Este asentamiento, uno de los pocos de Galicia situado en una llanura,  se dará a conocer como bien patrimonial visitable, de forma que se impulse su potencial turístico y cultural.

  • O director xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel supervisou  os traballos realizados no Castro das Barreiras que permitirán dar a coñecer o asentamento como ben patrimonial visitable, impulsando o seu potencial cultural e turístico.
  • A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, destinou un total de 30.000 euros para a posta en valor do Castro das Barreiras.

 

Vimianzo (A Coruña), 2 de novembro de 2010.-  O director xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel, visitou  o Concello de Vimianzo para supervisar as sondaxes arqueolóxicas que se están a realizar no Castro das Barreiras e que rematarán proximamente. A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural destinou un total de 30.000 euros dirixidos á investigación e á recuperación do xacemento. O director xeral estivo acompañado na xornada polo xefe territorial da Xunta na Coruña, Manuel Varela e a responsable do Partido Popular de Vimianzo, Carmen Borbujo.  

 Tras 15 días de actuación arqueolóxica, os resultados, segundo o equipo arqueolóxico, superaron as expectativas iniciais. Os traballos datan ao xacemento das Barreiras a finais da idade do ferro, establecéndose a súa cronoloxía entre o século II a.C. e o cambio de era. Nas catas realizadas atopáronse os restos de tres vivendas castrexas de planta circular e muros de cachotería. A gran maioría das catas tiveron un resultado positivo polo que se intúe que todo o recinto está ocupado por construcións, multiplicándose o valor patrimonial do castro.

 Os obxectos atopados son de gran interese e consisten basicamente en restos de cerámica castrexa, moita dela decorada, típica das fases avanzadas da idade do ferro; restos de obxectos de ferro como a folla dun coitelo e o fragmento dunha fouce, o que referenda a vocación agrícola que tiñan os habitantes deste xacemento. Non se debe esquecer que unha das peculiaridades do castro reside no seu emprazamento atípico, sendo un dos poucos castros nunha chaira de Galicia.

 Segundo os resultados obtidos, o xacemento amosa unhas condicións exemplares para a súa posta en valor como elemento visitable, xa que se atopa situado practicamente no casco urbano de Vimianzo, á beira da estrada comarcal Coruña – Fisterra, por onde pasa un fluxo constante de visitantes e moi próximo aos centros escolares da vila. Durante a execución do proxecto seguiuse a filosofía de manter o xacemento “aberto por obras”. Os visitantes recibiron información sobre o Castro das Barreiras, e mañá mesmo acudirá unha excursión guiada do Instituto de Educación Secundaria de Terra de Soneira. O obxectivo da Consellería de Cultura e Turismo reside en que a xente comece a disfrutar do xacemento e que funcione como recurso potencial e turístico.

 30.000 euros en tres anos

A actuación levada a cabo no Castro das Barreiras, iniciouse a raíz dunha visita en novembro de 2009 do director xeral do Patrimonio Cultural ao Concello de Vimianzo. Nesta visita incidiuse na protección do Castro das Barreiras, un dos castros máis senlleiros da xeografía galega. A Consellería de Cultura e Turismo, comprometida na revalorización e protección do xacemento, realizou unha primeira campaña no ano 2009, cifrada en 12.000 euros e que consistiu na limpeza, recuperación ambiental, documentación do seu estado de consersación, planimetría detallada e fotografía aérea para coñecer as características do xacemento.

 Os resultados foron esperanzadores e aconsellaron continuar cos traballos polo que desde a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural ofreceuse ao Concello de Vimianzo asinar un novo convenio por valor de 18.000 euros. Os traballos, dirixidos polo arqueólogo Tito Concheiro, consistiron nun traballo de mantemento, eliminación da cuberta vexetal e a realización de sondaxes arqueolóxicas para determinar a cronoloxía exacta do asentamento e as características do rexistro arqueolóxico. 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s