La Xunta donó seis millones de almejas a las cofradías en 2010

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro inaugurou as “Segundas xornadas de criadieros e semilleiros de moluscos bivalvos: sembra e cultivo de ameixa” – La directora general de Desarrollo Pesquero inauguró las segundas Jornadas de Criaderos y Semilleros de Moluscos Bivalvos: siembra y cultivo de la almeja

A CONSELLERÍA DO MAR DOOU MÁIS DE 6 MILLÓNS DE UNIDADES DE AMEIXA ÁS CONFRARÍAS NO QUE VAI DE 2010

 La Consejería del Mar donó más de seis millones de unidades de almeja a las cofradías en lo que va de 2010 para impulsar los bancos marisqueros y modernizar la actividad extractiva. Las previsiones son que al acabar este año superen los 9 millones de unidades

  • As previsións que se manexan dende o criadoiro de Camariñas é que ao finalizar o ano as doazóns superen os 9 millóns de unidades
  • O obxectivo destas xornadas organizadas polo Cima é analizar o estado dos criadoiros e semilleiros de moluscos en Galicia no marco do desenvolvemento destes procesos en Europa

 

Santiago, 20 de outubro de 2010.-  A Consellería do Mar doou máis de 6 millóns de unidades de ameixa ás confrarías no que vai de 2010 e prevé que ao finalizar o ano as doazóns superen os 9 millóns de unidades. Así o comentou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez,  durante a inauguración das “Segundas xornadas de criadeiros e semilleiros de moluscos bivalvos: sembra e cultivo de ameixa”, na que salientou que un dos obxectivos da Consellería con estas accións é impulsar a rexeneración dos bancos marisqueiros e modernizar a actividade extractiva.

 Atendendo ás previsións do criadeiro de Camariñas, de onde procede a totalidade destas sementes de ameixa, calcúlase que a finais de ano as doazóns de ameixa babosa, xapónica e fina superen as do ano 2009, no que se distribuíron máis de 7,5 millóns de unidades entre as confrarías do litoral galego. Segundo explicou a directora xeral, o reparto realízase atendendo a diferentes criterios na procura dun equilibrio territorial, social e medioambiental.

 As xornadas

O obxectivo destas xornadas organizadas polo Centro de Investigacións Mariñas dependente da Consellería do Mar e que se celebran entre hoxe e mañá, é analizar o estado dos criadeiros e semilleiros de moluscos en Galicia no marco do desenvolvemento destes procesos en Europa. Deste xeito preténdese axustar os criterios de actuación e os resultados das sementeiras de ameixa que se reparte ás confrarías para a súa semente e cultivo. Para iso nestes dous días unhas 80 persoas entre técnicos e biólogos da Consellería do Mar e das confrarías con experiencia no manexo e cultivo de semente, responsables de criadeiros con actividade en Galicia e expertos europeos con coñecementos nesta materia, debaterán sobre os mellores métodos de cultivo de cara á colleita de ameixa. 

Un comentario sobre “La Xunta donó seis millones de almejas a las cofradías en 2010

¿Y tú qué opinas de esto?