El gobierno gallego prepara un plan integral que será el primero dirigido a personas con discapacidad

Lembra que, a pesar de que “todos imos ter que facer esforzos”, a Xunta traballa cun criterio claro: “reducir para manter o esencial”; “e neste sentido, -asevera- o benestar social e a atención ás persoas con discapacidade é esencial” 

 FEIJÓO AVANZA QUE GALICIA CONTARÁ CO PRIMEIRO PLAN “INTEGRAL E TRANSVERSAL” PARA AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, UN PLAN QUE XA SE ESTÁ A ELABORAR

 Feijóo adelanta que Galicia contará con el primer plan integral dirigido a personas con discapacidad, que se halla en proceso de elaboración

  • Destaca o compromiso do Goberno galego con este colectivo, plasmado en accións como o Plan de Actuación Social 2010-2013 ou o Plan Específico de Emprego
  • Agradece a distinción que COGAMI concede hoxe ao Goberno galego e lembra o traballo de todos os equipos de profesionais e directivos da Xunta que souberon apreciar o valor do traballo das entidades de iniciativa social e non dubidaron en traballar en estreita colaboración con elas na mellora da calidade de vida dos galegos
  • Destaca o labor de Domingo Dosil, “exemplo de entrega e capacidade” e “persoa clave para entender o que é COGAMI na actualidade”
  • Salienta os 20 anos de “avances e de esforzos con resultados” de COGAMI para facer “unha Galicia igualitaria, integradora e inclusiva”

 

Foto: Miembros de Cogami. (acunor.es)

Santiago, 18 de outubro de 2010.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reiterou o compromiso do Goberno galego coas persoas con discapacidade, un compromiso, avanzou, que se vai concretar no “Plan de Acción Integral das Persoas con Discapacidade de Galicia que estamos a elaborar”. Trátase, explicou Feijóo, “do primeiro plan integral e transversal dun Goberno de Galicia para as persoas con discapacidade”, unha iniciativa, engadiu, que tamén está a supoñer un “esforzo importante por parte de todos os axentes implicados”.

 Durante o acto de celebración do vixésimo aniversario da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, COGAMI, o mandatario autonómico lembrou que, a pesar de que nestes tempos difíciles e de crise, “todos imos ter que facer esforzos”, a Xunta traballa cun criterio claro: “reducir para manter o esencial”. “E neste sentido –incidiu-, o benestar social e a atención ás persoas con discapacidade é esencial”.

 Feijóo lembrou que o compromiso da Xunta coas persoas con discapacidade se plasma en accións como o Plan de Actuación Social 2010-2013, que ten entre os seus eixos fundamentais a promoción da autonomía persoal e a participación social das persoas con discapacidade. E para acadar este obxectivo, sinalou, a Consellería de Traballo e Benestar, de acordo cos axentes sociais, deseñou, ademais, un Plan específico de Emprego 2010-2013 para as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión para a súa análise no eido do diálogo social.

 Distinción ao Goberno galego

Na súa intervención, o titular da Xunta tamén lle agradeceu a COGAMI a distinción que lle concede ao Goberno galego nesta I edición dos premios do colectivo. Feijóo destacou o traballo de todos os equipos de profesionais e directivos da Xunta que, dixo, “tanto nesta lexislatura como en lexislaturas anteriores, souberon apreciar o valor do traballo das entidades de iniciativa social e non dubidaron en traballar en estreita colaboración con elas para mellorar a calidade de vida de todos os galegos”. “Ao longo destes 20 anos todos estes funcionarios e traballadores da Xunta de Galicia fixéronse dignos merecedores deste recoñecemento que hoxe eu recollo, agradecido, en nome de todos eles”, engadiu.

 O xefe do Executivo autonómico resaltou, tamén, “a honra que nos supón compartir esta distinción con Domingo Dosil”, unha persoa “clave”, dixo, para entender o que é COGAMI na actualidade e un exemplo “de entrega e capacidade de busca permanente de vías de colaboración”.

 Feijóo lembrou, ademais, que o labor dos profesionais da Xunta e dos equipos, liderados antes por Domingo Dosil e agora por Anxo Queiruga, se ten concretado no establecemento de diversas canles de cooperación entre a Xunta e COGAMI en distintos ámbitos, fundamentalmente, o da inserción laboral.

 20 anos de avances e de resultados

O mandatario galego finalizou a súa intervención destacando a traxectoria, “dun valor inestimable”, da Confederación  Galega de Persoas con Discapacidade e celebrou os seus 20 anos “de avances e de esforzo con resultados por facer de Galicia unha Galicia igualitaria, integradora e inclusiva”.

“Conseguir a inclusión e a normalización social das persoas con discapacidade en plenitude de dereitos en todos os ámbitos, e particularmente no ámbito laboral, foi desde o comezo da actividade de COGAMI o seu obxectivo básico”, incidiu Feijóo salientando a súa aposta por facer da sociedade galega “unha sociedade na que todos teñamos cabida” e “que aposta polas capacidades de todas e cada unha das persoas que a forman”.

 Por último, o presidente galego animou a COGAMI a seguir polo camiño que comezou a andar hai 20 anos e reiterou a vontade da Xunta de Galicia “en seguir acompañándoa e apoiándoa nesta andaina”.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s