La Xunta se solidariza con los docentes en el congreso anual de Anpe-Lugo

O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN CLAUSURA O XVI CONGRESO ANUAL DE ANPE- LUGO

 El consejero de Educación de la Xunta clausura el decimosexto congreso anual del sindicato Anpe-Lugo, al que asistieron más de 200 docentes de la enseñanza pública no universitaria

  • Máis de 200 asistentes do ensino público non universitario participaron neste encontro
  • O congreso contou coa participación do presidente nacional de ANPE, Nicolás Fernández Guisado

 

Lugo, 17 de outubro de 2010.- O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu onte pola mañá a clausura do XVI Congreso anual de ANPE- Lugo, que se celebrou na cámara de comercio desta cidade.

 Durante o acto de clausura o conselleiro sinalou que “destacou a importancia da educación xa que “se fracasa a instrución, a preparación ética e instrumental, fracasa toda a organización social; fracasa a economía, fracasa a política, fracasa a tecnoloxía, a cultura e a humanidade”. Por iso, o conselleiro explicou que “para o goberno autónomo galego a educación é un desafío e unha das principais razóns da nosa acción”, en especial no tocante a “valorar o esforzo e o mérito do traballo que realizan todos os docentes, cada quen no seu nivel educativo”, dado que nos últimos tempos a autoridade do profesorado está sufrindo un grave deterioro.

 Neste sentido, Vázquez Abad avogou por “voltar a valores como o esforzo e o mérito social polo traballo ben realizado”, para o que “cómpre que a familia xogue o papel fundamental de apoio á normativa educativa e de colaboración cos educadores”.

“O malestar nas aulas, moito menos xeneralizado do que algúns nos queren presentar, debe ser atallado con medidas que permitan recobrar a dignidade e o prestixio social e profesional dos docentes. Isto conséguese cun reforzamento da nosa actividade, co traballo serio e coa integración das familias e dos outros sectores sociais, no proceso educativo”, resumiu.

 Finalmente o titular de Educación lembrou a importante tarefa que ANPE está a realizar neste eido, no que “ten dado mostras dun traballo responsable e de accións exitosas como son o Defensor do Profesorado e outras medidas que nos permitan ilusionar e recuperar a compañeiros e compañeiras que pasan por situacións de desalento”.

 Os participantes

Os máis de 200 asistentes entre os que se encontraban profesores do ensino público non universitario das etapas de infantil, primaria e secundaria. Todos eles asistiron á inauguración, que tivo lugar a primeira hora da mañá, por parte do presidente nacional de ANPE, Nicolás Fernández Guisado. Tras el interviron o presidente provincial e o provincial da asociación, Román Fernández Freire e Julio Díaz Escolante, respectivamente. Ademais, asistiron tamén o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luís Mira; e o director Xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal.

 Durante o encontro tamén participou a vicepresidenta nacional, Carmen Guaita Fernández. Tras ela chegou o relatorio “A educación nunha sociedade líquida”, impartida polo doutor en Psicoloxía, Javier Urra Portilo, que tamén e Pedagogo, Terapeuta e Psicólogo Forense na Fiscalía do Tribunal de Xustiza e Xulgados de Menores de Madrid.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s