La Xunta invierte en Ponteareas 5,6 millones en saneamientos e inaugura allí un pabellón deportivo y una pista de pádel

Agustín Hernández presidiu a inauguración do Pavillón de deporte e pista de pádel desta localidade

El consejero de Medio Ambiente e Infraestructuras presidió la inauguración del pabellón de deporte y la pista de pádel de esta localidad

 A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE INVISTE NO CONCELLO PONTEVEDRÉS DE PONTEAREAS MÁIS DE 5,6 MILLÓNS DE EUROS EN OBRAS DE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO

 La Consellería de Medio Ambiente invierte en el concejo pontevedrés de Ponteareas más de 5,6 millones de euros en obras de saneamiento y abastecimiento.

El representante de la Xunta reiteró el compromiso de acabar el saneamiento de las parroquias de Areas, Arnoso y Xinzo, y también se mejorará el abastecimiento mediante la construcción de un nuevo depósito en Celeiros, de 300 metros cúbicos de capacidad, y cuyas obras comenzarán en las próximas semanas.

  • Reiterou o compromiso de rematar o saneamento das parroquias de Areas, Arnoso e Xinzo, que contarán con 19’5 quilómetros de novas conducións e tres bombeos e no que se fará unha achega de 1,4 millóns de euros
  • Trátase da quinta fase dunha actuación na que xa se levan investidos en total 3’9 millóns de euros
  • Hernández asegurou que tamén se mellorará o abastecemento mediante a construción dun novo depósito en Celeiros, duns 300 m3 de capacidade, e cuxas obras comezaranse nas vindeiras semanas

 

 Santiago, 17 de outubro de 2010.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, inaugurou o Pavillón de deporte e pista de pádel da localidade pontevedresa de Ponteareas, onde destacou o compromiso do seu departamento con esta zona da provincia de Pontevedra, onde a Consellería está a investir case 4 millóns de euros en obras de saneamento e abastecemento.

 Hernández incidiu en que, “coa mesma ilusión que esperta o deporte galego hoxe en día, as administracións públicas deben desenvolver o seu traballo, unha labor que ten como obxectivo satisfacer unhas necesidades crecentes cuns recursos minguantes” e subliñou que “por iso, a economía de esforzos e as sinerxías do traballo en equipo son cada vez máis importantes, polo que cada vez se fai máis necesario que as administracións se entendan e colaboren, como fixo a deputación neste Complexo Deportivo e como tentamos facer dende a Consellería de Medio Ambiente”.

 Recuperación do río Tea

O conselleiro explicou que exemplo das súas palabras é “a tarefa que se está a facer en Ponteareas, onde se traballa sen descanso por mellorar o abastecemento e o saneamento das augas, co fin de que o río Tea chegue a ser o paraíso que todos adoramos”.

 Durante o seu discurso, Hernández reiterou o seu compromiso de rematar o saneamento das parroquias de Areas, Arnoso e Xinzo, que contarán con 19’5 quilómetros de novas conducións e tres bombeos e no que se fará unha achega de 1,4 millóns de euros. Trátase da quinta fase dunha actuación na que xa se levan investidos 3’9 millóns de euros.

 Infraestruturas hidráulicas

O responsable de Medio Ambiente concretou que neste mesmo ano mellorarase o abastecemento mediante a construción dun novo depósito en Celeiros, duns 300 m3  de capacidade e cuxas obras comezaranse nas vindeiras semanas. A Xunta investirá 60.000 euros nesta actuación.

 Por outra parte, Hernández tamén sinalou que a Xunta vén de executar recentemente as obras de mellora do colector de pluviais no barrio de Covas, achegando un investimento de 220.000 euros.

 O titular de infraestruturas fixo fincapé no compromiso do seu departamento para a mellora da calidade da auga e abastecemento, actuación que se enmarca nun convenio entre a Xunta, que aporta 1,4 millóns de euros, e o municipio, que achega  o 20% do investimento. Cómpre sinalar que na actualidade, este proxecto de execución da estación de tratamento de auga potable está adxudicado e en marcha.

 Finalmente, Hernández dixo que, “deste xeito e seguindo o exemplo dos ciclistas ponteareáns Delio e Emilio Rodríguez, ou Álvaro Pino, e pese a que esta é unha época de costas ben empinadas e que non todo o pelotón traballa en conxunto, seguimos con folgos para poder conseguir, entre todos, unha vila mellor”.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s