La localidad coruñesa de Corme contará con un nuevo aparcamiento para autobuses

A nova instalación situarase  no aceso ao porto, concretamente na rúa dos Remedios, no núcleo urbano da vila – La nueva instalación se situará en el acceso al puerto, concretamente en la calle de los Remedios, en el núcleo urbano de la villa

 Los vecinos de la localidad coruñesa de Corme, en el municipio de Ponteceso, contarán con una nueva área de estacionamiento de autobuses. Las obras darán comienzo esta misma semana que empieza.

OS VECIÑOS DA LOCALIDADE CORUÑESA DE CORME CONTARÁN CUNHA NOVA ÁREA DE ESTACIONAMENTO DE BUSES

 

  • As obras que levará a cabo a compañía “Ain Empresa de Servicios para a Construcción S.L.” darán comezo no transcurso desta semana
  • Este tipo de espazos configúranse como infraestruturas análogas ás estacións de autobuses nos concellos en que pola súa dimensión ou configuración urbana non é adecuada a construción dunha estación
  • O obxectivo será mellorar as condicións de transporte para repercutir na mellora da ordenación do tráfico do transporte público, xa que se centralizarán nun único lugar tanto as chegadas como as saídas dos autobuses

 

Santiago, 17 de outubro de 2010.- Os veciños da localidade coruñesa de Corme, no municipio

Foto: minombre.es

 de Ponteceso, contarán cunha nova área de estacionamento de autobuses que comezará a construírse no transcurso da vindeira semana. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de adxudicar definitivamente a compañía “Ain Empresa de Servicios para a Construcción S.L:” as obras para levar a cabo esta infraestrutura, por elo, a Dirección Xeral de Mobilidade realizará unha achega de preto de máis de 169.000 euros.

 A estrutura está deseñada en aceiro inoxidable, ten unha lonxitude de 14,75 metros e disporá de dúas cubertas de panel sandwich. Así, a inferior de 2,40 m de altura protexerá ao usuario dos ventos e choivas dominantes namentres espera ao autobús e a superior, que acadará os 4,20 m. de altura protexera o acceso dos peóns ao autobús. As caras inferiores recubriranse cun falso teito de madeira tipo náutica e disporá dun dunha pantalla de información xeral tipo LED. Así mesmo, a lonxitude do aparcamento é de 19,65 metros cun largo de 2,60 m. permitirá o estacionamento dos autobuses deixando a rúa libre sen producir atrancos.

 A nova área de estacionamento de buses situarase na rúa Remedios de aceso ao porto, no núcleo urbano desta vila coruñesa.

 Este tipo de espazos configúranse como infraestruturas análogas ás estacións de autobuses nos concellos en que, tanto pola súa dimensión como pola súa configuración urbana, non resultaría viable levalas a cabo. Esta actuación beneficiará os preto de 1.200 habitantes da vila coruñesa.

 A Xunta de Galicia, ao longo dos últimos anos, acometeu diversos plans de construción de estacións de autobuses de diversos niveis, atendendo ás necesidades e demandas específicas que cada entidade de poboación demandaba.

 Na actualidade é preciso continuar coa liña de creación de elementos dotacionais do transporte de viaxeiros. Nalgúns casos non é preciso crear novas áreas de estacionamento, senón que tan só é preciso dotar a estación de novas instalacións que faciliten a penetración urbana ao transporte.

 Obrigas da Consellería e do Concello

A Consellería de Medio Ambiente terá o deber de financiar a totalidade das obras así como licitalas, ademais de asumir a dirección da obra. Pola súa parte, o Concello de Ponteceso deberá poñer á disposición da consellería os terreos libres de cargas e gravames necesarios para a execución das obras, así como asumir o mantemento e a conservación das obras unha vez rematadas.

 Para o seguimento do cumprimento das condicións establecidas no convenio, establecerase unha comisión de coordinación formada polo director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, por un técnico da consellería, polo alcalde de Ponteceso, José Luís Fondo, e por un funcionario do concello. A vixencia do convenio será ata o 31 de decembro de 2010, sen prexuízo de prorrogar o dito período en virtude dunha causa xustificada.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s