Proxecto Ríos: cuatro años luchando contra las bioinvasiones

Último campo de voluntariado ambiental no río Tea para a eliminación de especies exóticas invasoras.  Valoración de catro anos loitando contra as bioinvasións.

Cos datos recollidos realizarase un Informe do Estado de Especies Invasoras do Río Tea, que se presentará ao Ministerio de Medio Ambiente Medio Rural e Marino, á Confederación Hidrográfica do Norte, Consellería de Medio Ambiente e outras entidades.

 La asociación ecologista Adega anuncia el último campo de voluntariado ambiental en el río Tea para la eliminación de las especies exóticas invasoras, y la consiguiente valoración de cuatro años luchando contra las bioinvasiones

Con los datos que se recojan se realizará un informe del estado de las especies invasoras en el río Tea, que se presentará al Ministerio de Medio Ambiente, la Confederación Hidrográfica del Norte, la Consellería de Medio Ambiente de Galicia, y otras entidades.

Foto: proyectorioselbierzo-laciana.blogspot.com

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2010. O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA. A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantenemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

 Nas actividades previstas para esta campaña de Outono, continuaremos co programa de Voluntariado en Ríos do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, que comezou hai tres anos. Este ano, dacordo cos datos recollidos no informe do campo, realizados entre 2007 e 2010, desenvolveremos traballos de eliminación de flora exótica invasora, ademais de roteiros polo río Tea. O voluntariado terá cubertos os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención.

 Os traballos consistirán na erradicación de diversas especies invasoras presentes en diferentes treitos do río Tea, as especies a erradicar son plántulas de dúas árbores (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon) coñecidas vulgarmente como mimosas, a falsa acacia (Robinia pseudoacacia) e pequenas matas do falso bambú (Phyllostachys spp.). Ademais se actuará nunha herbácea provinte de América (Conyza canadensis), a tintureira ou uva das américas (Phytolacca americana), o garrapatón (Bidens frondosa) e a Tradescantia fluminensis coñecida co nome de herba da fortuna.

 Nas xornadas de traballo explicaranse de maneira práctica os pasos a seguir para que o voluntariado poida levar a cabo os traballos axeitadamente e desenvolver así o programa. Neste último campo realizaremos ademais das actividades habituais unha valoración dos traballos realizados durante estes catro anos, así como un repaso en imaxes polas actividades  máis destacadas.

 Cos datos recollidos realizarase un Informe do Estado de Especies Invasoras do Río Tea, que se presentará ao Ministerio de Medio Ambiente Medio Rural e Marino, á Confederación Hidrográfica do Norte, Consellería de Medio Ambiente e outras entidades.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s