Los esfuerzos de la Xunta consiguen el respaldo financiero necesario para reactivar Vulcano

JAVIER GUERRA AVANZA EN VIGO QUE OS ESFORZOS DA XUNTA ACADAN O RESPALDO FINANCEIRO NECESARIO PARA REACTIVAR A VULCANO 

 Los esfuerzos de la Xunta de Galicia han logrado el respaldo financiero necesario para reactivar los astilleros Vulcano de Vigo.

El gobierno gallego avalará con 17 millones de euros esta operación. Pymar se ha comprometido a avalar el resto, hasta llegar a los 21 millones de euros necesarios para lograr la capacidad que necesitan los astilleros con vistas a concluir el buque sísmico y mantener los puestos de trabajo.

  • O conselleiro de Economía e Industria informou que a Xunta, tal e como xa manifestara en anteriores ocasións, “segue a demostrar o seu compromiso con Vulcano e co sector naval galego”, e avalará con 17 millóns de euros esta operación, existindo o compromiso por parte de Pymar de avalar o resto até chegar aos 21 millóns de euros necesarios para a reactivación do remate do buque sísmico e manter os postos de traballo
  • O conselleiro de Economía e Industria salientou que o compromiso de financiamento está pendente dun informe que garanta “o aillamento xurídico da construción, e somos optimistas neste sentido, polo que a solución definitiva pode chegar nos vindeiros días”
  • Javier Guerra apuntou tamén que acadar o financiamento para o remate da construción 533, “e que esta se remate en prazo por parte de Vulcano”, é unha primeira fase para pasar despois a xestionar a futuro do estaleiro vigués, “co que a Xunta está comprometida, tal e como demostran as catro reunións que mantivemos dende o venres ata hoxe por este tema”

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Santiago, 14 de outubro de 2010.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, avanzou en Vigo que os traballos e esforzos da Xunta encamiñados á reactivación do estaleiro vigués Vulcano veñen de acadar o visto bo de Pymar, que hoxe se comprometeu a respaldar a proposta galega que permitirá garantir o financiamento e remate do buque sísmico 533 e que facilitará á factoría retomar a actividade e manter os postos de traballo.

 Así o apuntou Javier Guerra ao remate do encontro que mantivo coa dirección do estaleiro e os representantes dos traballadores, aos que trasladou as conclusións da entrevista que esta mesma mañá tivo en Madrid o director xeral de Industria, Ángel Bernardo Tahoces, cos responsables de Pymar.

 Javier Guerra informou que a Xunta, tal e como xa manifestara en anteriores ocasións, “segue a demostrar o seu compromiso con Vulcano e co sector naval galego”, e avalará con 17 millóns de euros esta operación, existindo o compromiso por parte de Pymar de avalar o resto até chegar aos 21 millóns de euros necesarios para a reactivación do remate do buque sísmico, primeiro paso para apuntalar o futuro da factoría.

 O conselleiro de Economía e Industria salientou que o compromiso de financiamento está pendente dun informe que garanta “o aillamento xurídico da construción, e somos optimistas neste sentido, polo que a solución definitiva pode chegar nos vindeiros días”. Javier Guerra reiterou ante a dirección de Vulcano e os traballadores que “o compromiso da Xunta é total dende o primeiro momento, como se demostrou estes días, e traballamos nunha boa liña que nos pode levar a resolver a situación”.

 Javier Guerra apuntou tamén que acadar o financiamento para o remate da construción 533, “e que esta se remate en prazo por parte de Vulcano”, é unha primeira fase para pasar despois a xestionar a futuro do estaleiro vigués, “co que a Xunta está comprometida, tal e como demostran as catro reunións que mantivemos dende o venres ata hoxe por este tema”.

¿Y tú qué opinas de esto?