La Xunta firma con las cámaras de comercio un plan de fomento de las exportaciones

ECONOMÍA E INDUSTRIA ACTIVA COAS CÁMARAS DE COMERCIO 159 INICIATIVAS A PROL DA INTERNACIONALIZACIÓN NAS QUE PARTICIPAN PRETO DE 1.000 EMPRESAS   

 La Xunta activa con las cámaras de comercio 159 iniciativas en favor de la internacionalización en las que participan alrededor de mil empresas. El gobierno gallego y las cámaras firman un Plan de Fomento de las Exportaciones Gallegas 2010

  • Javier Guerra e os presidentes das nove cámaras de comercio galegas asinan o Plan de Fomento das Exportacións Galegas 2010
  • A Xunta reactiva o Foexga e incrementa a súa dotación orzamentaria, para este Plan, nun 38,4% con respecto ao exercicio anterior, e nun 59,4% en relación co 2008
  • Ademais, o conselleiro de Economía e Industria asegura que “as empresas galegas entenden a oportunidade que representa a internacionalización para os seus negocios”

 

Santiago, 1r de outubro de 2010.-  O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e os presidentes das nove cámaras de comercio galegas asinan o Plan de Fomento das Exportacións Galegas 2010, cun orzamento de preto de 5 millóns de euros para poñer en marcha 159 accións a prol da internacionalización do comercio e da industria galega, un investimento que a Xunta ten aumentado nun 38,4%, con respecto ao pasado exercicio, e nun 59,4%, en relación ao aportado pola Xunta no 2008.

 Guerra asegurou que “as empresas galegas entenden a oportunidade que representa a internacionalización” e sinalou que no Foexga 2010 participan preto de 1.000 empresas, mentres que nos 11 programas de internacionalización, postos en marcha polo Instituto Galego de Promoción Económica ao abeiro do Plan re-Forza 2010, presentáronse 1.398 solicitudes, un 119% mais que no 2009.

 O conselleiro, acompañado pola directora xeral de Comercio, Nava Castro, asinou o convenio que ratifica o Foexga 2010 cos cinco novos presidentes camerales de Galicia: Marcelo Castro Rial, presidente da Cámara da Coruña; Juan Gato Díaz, presidente da Cámara de Ferrol; Celso M. Barbosa Rodríguez, presidente da Cámara de Ourense; Francisco Manuel Moldes López, presidente da Cámara de Pontevedra, e Gumersindo Alonso Gestoso, presidente da Cámara de Tui, xunto cos catro presidentes que foron reelixidos nas últimas eleccións ás cámaras galegas de comercio: Jesús Asorey, presidente da Cámara de Santiago de Compostela; Alfredo Mosteirín Castañer, da Cámara de Lugo; Carlos Oubiña Portas, da Cámara de Vilagarcía de Arousa, e José García Costas, presidente da Cámara de Vigo e mais novo presidente do Consello de Cámaras.   

 Guerra explicou que na Consellería de Economía e Industria decidiuse reactivar o Plan de Fomento das Exportacións Galegas como medida estratéxica de apoio as políticas de fomento da internacionalización das empresas galegas.

 Deste xeito, o Goberno galego, co financiamento de iniciativas como o Plan Foexga, abrangue o desenvolvemento dunha pluralidade de actuacións de cara a estimular o comercio e a industria galega mediante a subvención de misións empresariais a outros países, a participación de axentes comerciais estranxeiros nos principais eventos comerciais da Comunidade Galega ou a presenza de bolseiros galegos e de promotores de negocios en diferentes lugares do mundo.

 O departamento que dirixe Javier Guerra incrementou en 46 o número de accións a desenvolver ao abeiro deste programa e chegou a un total de 159 iniciativas proxectadas para o presente exercicio. Ademais, a Consellería de Economía e Industria aumentou a súa aportación económica en 11 dos 12 capítulos do Foexga 2010 e as accións a desenvolver en todos eles.

 As 30 misións comerciais directas subvencionadas están orientadas á realización de prospeccións dos mercados internacionais e ao establecemento de  contactos empresariais entre Galicia e países como Xapón, Francia, Portugal, Angola, México, Marrocos, Cabo Verde, Irán, Guinea Ecuatorial, República Dominicana, Venezuela, Exipto, Siria, Perú, Ecuador, Dubai, Chile, Ucraína, Arxentina, Uruguai, Serbia, Macedonia, Albania, Alemaña, Polonia, Bulgaria, R. Checa, Hungría, Vietnam, Kazajastán, Bélxica / Luxemburgo, Suíza, Canadá, Australia ou EEUU. Neste capítulo elevouse nun 9,75% o financiamento da Xunta e en 5 as misións a desenvolver.

 A través do Foexga tamén se incentiva a posta en marcha de 26 misións comerciais inversas, 6 más que no 2009, co obxectivo de que compradores e distribuidores de Europa, África, Asia, América do Norte e do Sur coñezan “in situ” as empresas e produtos galegos. Esta sección ten recibido un 27% máis de apoio por parte da Xunta no exercicio en curso, con respecto ao pasado.

 Ao abeiro deste convenio, se financia, cun aumento do 29%, a participación das empresas galegas en 23 feiras internacionais que presentan un especial atractivo para os produtos da Comunidade Autónoma, porque estes encontros, ademais de servir como plataformas para publicitar os produtos galegos, constitúen un escenario axeitado para poñer en contacto a empresarios con distribuidores, coñecer a evolución do sector, as súas últimas innovacións e tendencias e determinar a dimensión da competencia.

 O Foexga 2010 tamén apoia, cun incremento do 61%, un total de 16 visitas a feiras no exterior, 5 máis que na pasada edición, por tratarse duns encontros que representan un especial atractivo para as empresas galegas.

 Aposta polas economías emerxentes

Na estratexia do Foexga 2010, a presencia galega nos mercados das chamadas economías emerxentes adquiren unha especial relevancia, de tal xeito que se ten habilitado un capítulo específico para o financiamento de misións comerciais plurisectoriales de carácter estratéxico, mediante o cal a Xunta financia o 60% de 2 misións comerciais a Porto Rico e Brasil.

 Outra das liñas de actuación deste plan pasa por financiar a presenza de promotores de negocios en Brasil, Rusia e China, como novo destino, o que supón un incremento orzamentario do 32%. Estes profesionais adícanse a prestar sevizos de apoio, asistencia e asesoramento ás actividades de exportación e internacionalización da economía galega, reforzando a presenza comercial e industrial das empresas galegas en países que polas súas condicións macroeconómicas, cun crecemento elevado económico e social, presentan especial interese para as empresas de Galicia que queren desenvolver as súas actividades de exportación e cooperación internacional.

 Por outra banda, esta iniciativa facilita a inserción de 18 bolseiros-promotores nestes mercados internacionais, como unha aposta pola formación de recursos humanos especializados neste eido. Estes bolseiros desenvolven a súa labor nos mercados nos que se detectan vantaxes competitivas e posibilidades para a promoción das exportacións galegas tales como: Xapón, Francia, Marrocos, Portugal, China, EEUU, México, Perú, Emiratos Árabes, Alemaña, Colombia, India, Irlanda, Ucraína, Bélxica, Suíza, Bruxelas…

 Ao mesmo tempo, se poñerán en marcha 7 accións sectoriais inversas e 20 accións sectoriais directas para fomentar as exportacións en sectores como o pesqueiro, o vinícola, a construcción ou as enerxías renovables, en: China, India, Canadá, Xapón, USA, México, Brasil, Bélxica e Rusia.  As accións directas aumentaron considerablemente, con respecto a 2009, pasando dun total de 6 a 20 iniciativas, en 2010. Neste capítulo a CEI incrementa a súa achega en 253.230 euros, un 290% máis.

 Asemade, se realizarán 7 misións coa finalidade de realizar exposicións de produtos galegos dirixidas a un público obxectivo e concreto en Europa, Asia e América para fomentar a cooperación inter-empresarial, o contacto coas empresas estranxeiras, favorecer acordos comerciais, financeiros industriais, tecnolóxicos,… etc.

 O Plan Foexga tamén permitirá realizar 5 accións adicadas a actividades de estudo e coñecemento para analizar mercados con posibilidade de penetración para os produtos galegos, e  desenvolverá un plan global de comunicación, dirixido a empresas e entidades galegas, e reformarán a páxina web para crear un novo portal máis accesible e eficaz, para dar a coñecer as actividades desenvolvidas mediante esta iniciativa.

¿Y tú qué opinas de esto?