PORTOS DE GALICIA PRORROGA A AUTORIZACIÓN PARA OPERAR NO PORTO DE CANGAS Á NAVIERA QUE DÁ O SERVIZO DE TRANSPORTE DE PASAXEIROS
Portos de Galicia prorroga la autorización para operar en el puerto de Cangas a la naviera que presta el servicio de transporte de pasajeros
Santiago, 13 de outubro de 2010.- Portos de Galicia prorrogou á navieira “De las Rías Gallegas S.L.” a autorización para que preste servizo ao pasaxe e opere no Porto de Cangas ata xuño de 2011. Trátase da segunda prórroga que lle concede o Ente Público a esta navieira.
Segundo recolle o convenio, o embarque e desembarque de pasaxeiros levarase a cabo no lateral 1 do pantalán habilitado para elo na zona anexa á estación marítima do porto todas as medias horas e as horas en punto. O “Mar de Cangas” e “Mar de Onza” son as dúas embarcacións principais autorizadas para operar.
O pasado mes de xuño o presidente de Portos de Galicia xa anunciara o compromiso do ente público portuario de potenciar o transporte marítimo de pasaxeiros e mercadorías polas nosas rías. Está previsto multiplicar por tres este tráfico, que pasaría dos actuais 1,5 millóns de pasaxeiros aos 5 millóns.
A ampliación de operadoras para efectuar o tráfico de pasaxeiros prodúcese como consecuencia da liberalización do transporte de ría, ao abeiro dunha sentencia do Tribunal de Bruxelas e segundo o regulamento do Consello de 7 de decembro de 1992 polo que se aplica o principio de libre prestación de servizos aos transportes marítimos no interior dos Estados membros da Unión Europea para os armadores comunitarios que presten os seus servizos con buques matriculados nun Estado membro e baixo pavillón de dito Estado, sempre que os buques reúnan todas as condicións necesarias para a súa admisión no cabotaxe do citado pais.
[…] Actualizados : Prorrogado el permiso para el servicio de transporte de viajeros en el puerto de Cangas Más de un millón de pasajeros pasaron por el aeropuerto de Asturias en lo que va de 2010 […]
Me gustaMe gusta