
RUEDA REITERA A NECESIDADE DE QUE O CONCELLO DE VIGO CEDA OS TERREOS PARA CONSTRUÍR O NOVO EDIFICIO XUDICIAL
El Ejecutivo gallego reitera la necesidad de que el concejo de Vigo ceda los terrenos para construir el nuevo edificio judicial. La Xunta tiene asignados 15 millones de euros a esta infraestructura que permitirá solventar las necesidades de espacio judicial en Vigo para los próximos 20 años. La Xunta le pide al concejo información sobre en qué punto están las expropiaciones de los terrenos y cuándo podrán comenzar las obras.
- A Xunta ten asignados 15 millóns de euros para esta infraestrutura que permitirá solventar as necesidades de espazo xudicial en Vigo para os próximos 20 anos
- Rueda pídelle ao Concello información sobre o estado da expropiación dos terreos e unha estimación de cando vai poder comezar a construción do edificio
Santiago, 11 de outubro de 2010.- O Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá unha reunión de traballo coa delegada territorial de Xunta en Vigo, Lucía Molares, tras a que reiterou a necesidade de que o Concello vigués ceda os terreos prometidos para que a Xunta constrúa a Cidade da Xustiza.
Por este motivo o conselleiro fixo un novo chamamento ao seu alcalde solicitándolle información sobre o estado de expropiación dos terreos e unha estimación de cando vai poder comezar a construción do edificio. Rueda apelou á colaboración institucional mostrada en outras cidades, como Santiago, Ourense, A Coruña ou Pontevedra, para que a licitación da obra “sexa unha realidade”.
Para Rueda é fundamental comezar a construción canto antes xa que permitiría solventar as necesidades de espazo para a Administración de Xustiza na cidade durante, polo menos, os próximos 20 anos. De aí que o Plan de Infraestruturas Xudiciais do Goberno galego xa tivera consignados para este ano 15 millóns de euros para este fin.
Ademais, o conselleiro tamén explicou que as obras que permitirán que o novo xulgado de 1ª Instancia de Vigo comece a funcionar antes do 31 de decembro deste ano están practicamente rematadas. Este novo xulgado, sumado ao Mercantil que entrou en funcionamento o ano pasado e ao Social que se pediu para 2011 no seo da Comisión Mixta, suporán tres novos xulgados na cidade olívica en a penas ano e medio. Esta situación evidencia, unha vez máis, a necesidade de comezar canto antes o novo edificio xudicial, que permitirá ampliar o espazo xudicial de Vigo.
Quenda de oficio
Doutra banda, Rueda tamén deu conta do estado dos pagos da quenda de oficio, que se están facendo nuns tempos razoables e cun balance satisfactorio. Así destacou que estes pagos a avogados e procuradores se axilizaron moito respecto a fai dous anos e estimou que neste ano 2010 se destinarán tan só na demarcación de Vigo arredor de 1,5 millóns de euros para esta importantísimo servizo social.
Artículo relacionado: http://www.coagvigo.es/es/novas/cidade-da-xustiza-de-vigo