VALORACIÓN DEL PPdG EN VIVO Y EN DIRECTO SOBRE EL CABREO DE BLANCO POR LA AUTOVÍA DEL CANTÁBRICO
Gómez Alonso lamenta que a única ponte que Blanco fai en Galicia sexa a do Pilar.
“Blanco debería vir a Galicia a impulsar de verdade a Autovía Pontevedra-Vigo, a Autovía do Cantábrico e as autovías interiores de Lugo-Ourense e Santiago-Lugo, xa que se atopan todas paralizadas ou anuladas”
Gómez Alonso lamenta que «el unico puente que Blanco hace en Galicia es el del Pilar». «Blanco debería venir a Galiciar a impulsar de verdad la autovía Pontevedra-Vigo, la Autovía del Cantábrico y las autovías interiores de Lugo-Ourense y Santiago-Lugo, que se hallan todas paralizadas o anuladas»
-
Recorda que o titular de Fomento debe a Galicia 3.100 millóns de euros que comprometeu coa sinatura do Pacto do Obradoiro e que a día de hoxe nin sequera licitou – Recuerda que el titular de Fomento debe a Galicia 3.100 millones de euros que comprometió con la firma del Pacto del Obradoiro y que a día de hoy «ni siguiera licitó»
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2010.- O voceiro de Infraestruturas do PPdeG, Alejandro Gómez Alonso, lamenta que a única ponte que faga José Blanco en Galicia sexa a do Pilar, e invita ao ministro de Fomento a que veña á Comunidade para inaugurar autovías completas e non só un par de tramos.
Segundo Gómez Alonso, é moi sinxelo vir a Galicia a tomarse fotos cos paisanos ou con anacos de asfalto para vender titulares cos que gañar tempo e boa prensa, pero lémbralle ao ministro que se el peca de miopía política, os populares non o fan e aí estarán para sinalarlle os compromisos que adquiriu e non cumpriu.
Así, Gómez Alonso recorda que o ministro de Fomento debe a Galicia 3.100 millóns de euros que comprometeu coa sinatura do Pacto do Obradoiro e que a día de hoxe nin sequera licitou, e pide que aclare se mantén o seu compromiso de firmar un acordo co Goberno de Portugal para blindar a conexión Vigo-Oporto a través da alta velocidade.
Con respecto a isto, o popular sentenza que o ministro non debería poñerse en contra de Galicia para favorecer a conexión entre Madrid e Portugal en detrimento da galega. Nesta liña, para Gómez Alonso está máis que xustificada a carta que Feijóo enviou a Durao Barroso pedindo que non se deixe nun segundo plano a conexión Vigo-Oporto, non así o está a reacción de Blanco contra Feijóo por velar polos intereses dos galegos.
O deputado critica, ademáis, que mentres Blanco deixa no olvido a implantación da alta velocidade na nosa comunidade, vén a Galicia a facer o paripé de inaugurar dous tramos da autovía A-8, que non estará lista para 2011-2012 como o ministro prometera, por moito que lle escoza oílo.
Nesta liña, o popular sinalou que tras varios meses de intentos de boicoteala agora quere vir a sacar fotografías cun anaco de asfalto para agochar que o Goberno socialista vai reducir considerablemente o investimento nesta infraestrutura. Así mesmo, indicou que cun Goberno popular en España, a autovía xa estaría rematada.
Gómez Alonso subliña que sería interesante que Blanco inaugurara autovías e non tramos, xa que por culpa da súa ineficacia e falta de palabra esta Autovía do Cantábrico está construída tan só nun 47%, polo que as cámaras non deberían retratalo no anaco rematado senón nos quilómetros que a día de hoxe están sen concluir, con máquinas paradas e os traballadores no paro.
De feito, o deputado popular fixo repaso das contas pendientes de Fomento con Galicia: “Blanco debería vir a Galicia a impulsar de verdade a Autovía Pontevedra-Vigo, a Autovía do Cantábrico e as autovías interiores de Lugo-Ourense e Santiago-Lugo, xa que se atopan todas paralizadas ou anuladas”.