El PPdeG reta a Zapatero por el aumento del paro

 
 
 

Foto: nnggsantiago.blogspot.com

 «O dato de setembro non é bo e decisións como a subida de impostos e a redución de poder adquisitivo do Goberno central non axudan» pero os populares amosan a sua confianza «en que a Xunta poida combater os efectos das políticas económicas de Zapatero» 

   « El dato del desempleo de septiembre no es bueno y decisiones como la subida de impuestos y la reducción del poder adquisitivo del Gobierno central no ayudan a mejorar las cosas», pero los populares tienen confianza en que la Xunta «pueda combatir los efectos de las políticas económicas de Zapatero», lo que ellos llaman ‘el efecto Zapatero’ .

 O PPdeG destaca que Galicia mantén un diferencial positivo do desemprego con respecto ao conxunto do Estado – El PPdeG destaca que Galicia mantiene un diferencial positivo de menor desempleo en relación al conjunto del Estado

  •  Mentres en Galicia houbo un incremento interanual relativo do 7,8%, o aumento medio do Estado foi do 8,31%. Isto significa, por outra parte, que Galicia é a quinta comunidade onde menos sobe o paro interanual en termos relativos
  •  O incremento interanual do mes de setembro foi de 15.630 persoas, case a terceira parte que no mesmo período do ano anterior, cun total de 43.631 persoas de incremento
  •  Os populares reiteran que non se conforman con que Galicia sexa unha das Comunidades nas que menos sobe o paro e só descansarán cando entre todos consigamos rematar con esta lacra que sigue afectando ao noso país

 Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2010.- O Partido Popular de Galicia fai fincapé en que a nosa Comunidade mantén un diferencial positivo do desemprego con respecto ao conxunto do Estado. Así, mentres en Galicia houbo un incremento interanual relativo do 7,8%, o aumento medio do Estado foi do 8,31%. Isto significa, por outra parte, que Galicia é a quinta comunidade onde menos sobe o paro interanual en termos relativos.

 O incremento interanual do mes de setembro, polo tanto, foi de 15.630 persoas, case a terceira parte que no mesmo período do ano anterior, cun total de 43.631 persoas de incremento.

 Por outra banda, o pasado mes de setembro Galicia rexistrou un total de 4.563 personas máis que no mes anterior, por mór do remate dos contratos temporais asinados no periodo estival, que en Galicia, pola dureza do clima, remátase antes que na maioría das Comunidades Autónomas, sentíndose antes os efectos a nivel laboral.

 O PPdeG NON SE CONFORMA

 Os populares reiteran que non se conforman con que Galicia sexa unha das Comunidades nas que menos sobe o paro e só descansarán cando entre todos consigamos rematar con esta lacra que sigue afectando ao noso país.

 Nesta liña, subliñan que o dato de setembro non é bo e fan fincapé en as decisións do Goberno central non axudan. Non obstante, o PPdeG mantén unha confianza plena en que a sensatez e o rigor da Xunta poidan combater os efectos das política económicas de Zapatero, baseadas en subir o IVE, conxelar pensións e reducir o poder adquisitivo dos traballadores públicos.

 Segundo os populares, o Goberno galego está empregando todas as súas armas, incluida o Xacobeo, para revertir a tendencia alcista do paro e, neste sentido, lamentan que non suceda o mesmo no conxunto de España, que sofre as consecuencias do efecto ZP. 

 

Un comentario sobre “El PPdeG reta a Zapatero por el aumento del paro

¿Y tú qué opinas de esto?