A CONSELLERÍA DO MAR SOLICITA AO MARM UN NOVO PROCESO DE REGULARIZACIÓN NO QUE PARTICIPEN AS EMBARCACIÓNS GALEGAS QUE NON COMPLETEN O PROCESO ACTUAL
La Consejería del Mar ha solicitado al Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino un nuevo proceso de regularización en el que participen las embarcaciones gallegas que no completen el proceso actual
- Rosa Quintana envioulle unha carta á ministra de Medio Ambiente Medio Rural y Marino na que expón a necesidade “dun proceso que acabe coas discrepancias das características técnicas dos buques e as inscricións nos rexistros”
Santiago, 2 de outubro de 2010.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, remitiu unha carta á ministra de Medio Ambiente Medio Rural y Marino, Elena Espinosa, na que solicita un novo proceso de regularización de embarcacións para Galicia unha vez rematado o actual, o próximo 24 de outubro.
Segundo explica a conselleira neste escrito, o proceso actual “deixa nunha situación administrativa pouco clara e definida e, en todo caso irregular, á cuarta parte da frota que solicitou á súa regularización”, de aí que o seu departamento solicite un novo proceso no que participen as embarcacións galegas que non completen o actual.
Segundo expresa Rosa Quintana, o seu departamento considera que o resultado final da lei actual (Lei 9/2007 do 22 de xuño) “non cumpre co obxectivo perseguido de axeitar os rexistros aos datos reais das embarcacións pesqueiras e deixa fóra a un número moi importante de embarcacións”.
Nestes momentos son preto de 600 as embarcacións con resolucións desestimatorias por someterse a un proceso de regularización anterior polo que quedarían na mesma situación na que se atopaban antes da promulgación da Lei 9/2007 que regula esta materia.
A titular de Mar demandou á ministra que o novo proceso que solicita a Xunta “acabe coas discrepancias das características técnicas dos buques e as inscricións nos rexistros” e lembroulle “os gastos de cuantía importante nos que incorreron os armadores para asegurar o cumprimento das condicións de navegabilidade e seguridade esixidas pola normativa”. Ao amparo desta petición, na carta, Rosa Quintana fixo referencia á disposición final segunda da lei que habilita ao Goberno Central para regular futuras actuacións de regularización.
Deste xeito, a Xunta mostra unha vez máis o seu compromiso firme para que ningunha das embarcacións non regularizables sexa dada de baixa de oficio no Censo da Frota Pesqueira Operativa. Así tamén deixou constancia nas diversas reunións mantidas co Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño.
La pagina de tu Blog se ha actualizado…
[..]Articulo Indexado Correctamente en la Blogosfera de Sysmaya[..]…
Me gustaMe gusta