Galicia se promociona turísticamente con dos vídeos difundidos en cien canales

CULTURA PROMOCIONARÁ A GALICIA COMO DESTINO TURÍSTICO A TRAVÉS DE DOUS VÍDEOS DIFUNDIDOS NUN CENTENAR DE CANLES DE TELEVISIÓN DE TODA ESPAÑA PERTENCENTES AO GRUPO DISTRIVISIÓN

La Consejería de Cultura gallega promocionará la comunidad autónoma como destino turístico a través de dos vídeos difundidos en un centenar de canales de televisión de toda España, pertenecientes al grupo Distrivisión

  •  A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, é a propietaria dos vídeos que cede a este grupo de comunicación, co obxecto de difundir as potencialidades turísticas da comunidade autónoma: natureza, gastronomía, turismo rural, termalismo, entre outros.

 Santiago, 1 de outubro de 2010.-  Dous vídeos promocionais de Galicia como destino turístico, pertencentes á Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia S.A, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, serán visionados nun centenar de canles televisivas de toda a España pertencentes á compañía Distrivisión, líder na distribución de contidos audiovisuais que celebrou a súa quinta Convención en Santiago de Compostela para presentar as novidades de programación do ano 2011.

 No acto, presidido polo responsable do grupo, José Maria Besteiro, estivo tamén presente a directora xerente de Turgalicia, Carmen Pita Urgoiti.

 A temática do primeiro dos vídeos promocionais, titulado ‘Galicia, pensando en volver a ti’ que será vistos en canles televisivas de todo o país, céntrase na divulgación das principais potencialidades turísticas que posúe a comunidade, a través do encontro dunha parella de mozos, que disfrutan daa natureza, a gastronomía, o turismo rural, de aventura e o termalismo galegos, entre outros aspectos.

 No segundo caso a promoción audiovisual de Turgalicia focaliza a súa atención na promoción de Galicia como destino termal.

 Central de Telecontenidos, pertencente ao grupo Besteiro, dedícase á distribución de contidos para televisións rexionais, locais e municipais dende o ano 2006, a través dos seus canais: Distrivisión, Municipal TV e Localvisión.

 Concretamente, Distrivisión ofrece aos seus clientes un amplo catálogo coas mellores producións de todos os xéneros audiovisuais en emisoras situadas por toda a xeografía nacional: Mediaset, Televisa, Mondo TV, Sogepaq, Filmax, TeleMadrid, Euskaltelebista, entre outras.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s