La Xunta recurrirá el decreto del carbón ante la UE

A XUNTA DEFENDE ANTE A COMISIÓN EUROPEA OS INTERESES DE GALICIA FRONTE A POSIBLE ENTRADA EN VIGOR DO REAL DECRETO DO CARBÓN

La Xunta defiende los intereses de Galicia frente a la Comisión Europea frente a la previsible entrada en vigor del real decreto del carbón

 

  • O director xeral de Industria, Ángel Bernardo Tahoces, constata que a Comisión Europea unicamente ten constancia dos negativos efectos que a entrada en vigor da regulamentación tería para o tecido socioeconómico de Galicia da man dos escritos que o conselleiro Javier Guerra lles remitiu, posto que o Goberno central “nunca tivo en conta a problemática de Galicia na súa proposta e non a trasladou ás autoridades comunitarias” 
  • “O Goberno central nunca falou nin contemplou os problemas de Galicia en relación coa entrada en vigor do real decreto ante a Comisión Europea, que podería ter en conta os efectos derivados da entrada en vigor da regulamentación en Galicia se as autoridades españolas o incorporan a súa proposta, cousa que non fixeron nunca”, apuntou o responsable da Consellería de Economía e Industria
  • O director xeral de Industria reiterou ante os representantes da Comisión Europea que “Galicia non está en contra das axudas á minaría do carbón noutras comunidades autónomas, pero o que Galicia non pode tolerar é que estas medidas ocasionen un perxuízo tan grave para a nosa Comunidade Autónoma”
  • A Xunta reitera unha vez máis que empregará todas as ferramentas xurídicas ao seu alcance para defender os intereses de Galicia, toda vez que a posible aplicación do real decreto afecta a milleiros de galegos que viven e traballan nas comarcas mineiras galegas, que xa pasaron por unha anterior reconversión

 

Santiago, 28 de setembro de 2010.- O director xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria trasladou hoxe ás autoridades europeas a postura galega fronte ao real decreto que prima a queima de carbón nacional para a produción de enerxía eléctrica, e confirmou que a Comisión Europea unicamente ten constancia dos negativos efectos que a entrada en vigor da regulamentación tería para o tecido socioeconómico de Galicia da man dos escritos que o conselleiro Javier Guerra remitiu, por dúas veces, ao comisario de Competencia, Joaquín Almunia, posto que o Goberno central “nunca tivo en conta a problemática de Galicia na súa proposta e non a trasladou ás autoridades comunitarias”.

 Así o manifestou hoxe Ángel Bernardo Tahoces ao remate do encontro que mantivo xunto cos alcaldes de Cerceda e As pontes co director da Unidade de Axudas de Estado no sector de enerxía da Comisión Europea, Eric Van Ginderachter, para engadir que “o Goberno central nunca falou nin contemplou os problemas de Galicia en relación coa entrada en vigor do real decreto ante a Comisión Europea, que podería ter en conta os efectos derivados da entrada en vigor da regulamentación en Galicia se as autoridades españolas o incorporan a súa proposta, cousa que non fixeron nunca”.

 Ángel Bernardo Tahoces trasladou ás autoridades comunitarias os negativos efectos que a entrada deste real decreto tería para Galicia e as súas comarcas mineiras, que suporía o paro das centrais térmicas de Meirama e As Pontes e a drástica redución dos ciclos combinados de Sabón e das Pontes, cun impacto global sobre o emprego directo e asociado a súa actividade que afectaría a máis de 3.500 persoas, e un dano económico cifrado en máis de 1.200 millóns de euros, e rexeitou ante a Comisión Europea o plantexamento do Goberno central para sacar adiante a regulamentación baseándose en problemas de subministro, “cando España exportou no ano 2009 case un 6% da enerxía eléctrica que produce”.

 O director xeral de Industria reiterou ante os representantes da Comisión Europea que “Galicia non está en contra das axudas á minaría do carbón noutras comunidades autónomas, pero o que Galicia non pode tolerar é que estas medidas ocasionen un perxuízo tan grave para a nosa Comunidade Autónoma despois de ter pechado as nosas minas, e de ter levado adiante investimentos de máis de 860 millóns de euros para adaptar e modernizar as nosas térmicas e crear os ciclos combinados de Sabón e As Pontes, e todo para dar fiabilidade e robustez aos sistema eléctrico español e cumplir co protocolo de Kyoto reducindo as  emisións contaminantes á atmósfera”.

 Por este motivo, Ángel Bernardo Tahoces apuntou ante as autoridades comunitarias que non resulta comprensible que estes procesos non só non se vexan recompensados, senón que se vexan penalizados coa posible posta en marcha do denominado real decreto do carbón, polo que resulta obrigado harmonizar os distintos intereses existentes nas diferentes comunidades autónomas, non sendo posible xustificar que a Comisión Europea autorice unhas axudas a todas luces incompatibles co mercado interior, traspasando os problemas sociais e económicos dunhas comunidades a outras, polo que a Xunta sempre defenderá os intereses de Galicia e dos galegos.

 A Xunta reitera unha vez máis que empregará todas as ferramentas xurídicas ao seu alcance para defender os intereses de Galicia, toda vez que a posible aplicación do real decreto afecta a milleiros de galegos que viven e traballan nas comarcas mineiras galegas, que xa pasaron por unha anterior reconversión, e reclamou ao Goberno central diálogo para buscar unha solución ao mesmo tempo que brindou toda a súa colaboración. A asesoría xurídica xeral da Xunta de Galicia está preparada para recorrer, se é o caso, a decisión da Comisión Europea no Tribunal de Luxemburgo, e o propio real decreto ante o Tribunal Supremo.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s