La Xunta apuesta por el remo tradicional

O SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE REITERA A APOSTA DA XUNTA POLO REMO TRADICIONAL

 El secretario general para el Deporte reitera la apuesta de la Xunta por el remo tradicional

  • José Ramón Lete Lasa recibiu aos remeiros galegos do club vasco Urdaibai e as remeiras do galego S.D.R. Rías Baixas
  • O secretario xeral lembrou a importancia estratéxica dos deportes de mar para o Goberno galego
  • No curso 2010-2011 introducirase o remo no deporte escolar para fomentar futuros remeiros que levarán o remo galego ao recoñecemento internacional

 Santiago, 29 de setembro de 2009.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, reiterou a aposta da Xunta de Galicia polo remo tradicional no acto de recepción a cinco remeiros galegos que forman parte do club vasco Urdaibai e a remeiras que pertencen ao club galego S.D.R. Rías Baixas.

 O secretario xeral salientou a aposta do Goberno galego polo remo e lembrou a confianza depositada na Asociación de Clubs de Traíñas no 2003, a posta en marcha da Liga galega de traíñas no 2004 e da liga feminina no 2009. Lete Lasa, que lembrou a importancia estratéxica dos deportes de mar, afirmou que no curso 2010-2011 se introducirá o remo no deporte escolar para fomentar, deste xeito, futuros remeiros que levarán o remo galego ao recoñecemento internacional.

 Os clubs que asistiron á recepción son ben recoñecidos no ámbito do remo. Por unha banda, o S.D.R. Rías Baixas foi premio ao deporte galego como mellor equipo feminino do ano 2009 e vén de gañar, por segundo ano consecutivo, a Liga Galega, a Liga Euskotren e a Regata da Concha. Por outro lado, o club vasco Urdaibai, cuxo adestrador e cinco remeiros son galegos, proclamouse como gañador da Liga ACT e da Regata da Concha.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s