El ejecutivo gallego “muy decepcionado” por el visto bueno de la CE al decreto del carbón

JAVIER GUERRA CUALIFICA DE “DECEPCIONANTE E MOI PREXUDICIAL” PARA GALICIA O VISTO BO DA COMISIÓN EUROPEA AO REAL DECRETO DO CARBÓN

 El consejero de Economía de la Xunta califica de “decepcionante y muy perjudicial” para Galicia el visto bueno que ha dado hoy la Comisión Europea al real decreto del carbón

  • O conselleiro de Economía e Industria asegura que se empregarán todas as ferramentas xurídicas ao alcance da Xunta para defender os intereses de Galicia
  • Javier Guerra lamentou que o Goberno central non recollera e ignorara os negativos efectos da entrada en vigor desta regulamentación na súa proposta ante a Comisión Europea

 

Santiago, 29 de setembro de 2010.- O conselleiro de Economía e Industria cualificou hoxe de “decepcionante e moi prexudicial para Galicia” a decisión da Comisión Europea de autorizar o real decreto que prima a queima de carbón nacional para a produción de enerxía eléctrica, e reiterou que o Goberno da Xunta “empregará todas as ferramentas xurídicas ao seu alcance” para combatilo.

Javier Guerra lamentou que o Goberno central non recollera e ignorara os negativos efectos da entrada en vigor desta regulamentación na súa proposta ante a Comisión Europea, e que suporá o paro das centrais térmicas de Cerceda e As Pontes, e a reducción da actividade dos ciclos combinados de Sabón e As Pontes e dos portos da Coruña e Ferrol, “pondo en risco máis de 3.000 empregos e cun impacto económico de 1.200 millóns de euros”.

O conselleiro de Economía e Industria afirmou que non se pode tolerar nin xustificar que a Comisión Europea autorice unhas axudas a todas luces incompatibles co mercado interior, traspasando os problemas sociais e económicos dunhas comunidades a outras, “polo que a Xunta sempre defenderá os intereses de Galicia e dos galegos e, sobre todo, das comarcas mineiras”.

Javier Guerra denunciou que a decisión da Comisión Europea a instancias do Goberno central penaliza a Galicia despois “de ter pechado as nosas minas, e de ter levado adiante investimentos para adaptar e modernizar as nosas térmicas e crear os ciclos combinados de Sabón e As Pontes, e todo para reforzar o sistema eléctrico español e cumplir co protocolo de Kyoto reducindo as  emisións contaminantes á atmósfera”.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s