La Xunta explora el mayor volcán submarino, Gran Burato, en busca de hidrocarburos

ECONOMÍA E INDUSTRIA FINANCIA A EXPEDICIÓN AO “GRAN BURATO” PARA DETECTAR POSIBLES XACEMENTOS DE HIDROCARBUROS

 La Xunta financia la expedición al gran volcán submarino conocido como «Gran Burato» para detectar posibles yacimientos de hidrocarburos

  • Javier Guerra destaca que a Consellería de Economía e Industria e a comunidade científica manteñen a “esperanza fundada de que o Gran Burato podería albergar unha gran bolsa de gas”
  • O Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental da Universidade de Vigo levará a cabo o proxecto de exploración do maior volcán submarino, producido por unha erupción de gas, co apoio da Xunta
  • O Goberno galego tense convertido no  promotor dos labores de exploración da morfoestrutura singular atopada na marxe continental occidental de Galicia e coñecida como  “O Gran Burato”

 Santiago, 27 de setembro de 2010.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, asinou hoxe un convenio de colaboración coa Universidade de Vigo co que a Xunta financiará a exploración xeofísica e xeolóxica da zona do “Gran Burato”, co propósito de establecer e valorar a existencia e extensión de posibles xacementos de hidrocarburos.

Co apoio da Consellería de Economía e Industria, o Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental da Universidade de Vigo levará a cabo o proxecto de exploración do maior volcán submarino, producido por unha erupción de gas, dos atopados até o de agora no mundo.

O cráter deste “Gran Burato” ten uns tres quilómetros de diámetro e está situado a unha profundidade de entre 2.500 e 2.800 metros.

Apoyo del buque oceanográfico ‘Hespérides’

O conselleiro de Economía e Industria destacou que o Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental da Universidade de Vigo é “o máis apropiado para levar a cabo este proxecto, se temos en conta que liderou a campaña Marbanga, co apoio do Buque Oceanográfico Hespérides” na que se detectou un BSR (bottom-simulating reflector), xeralmente indicativo da presenza de gas, “un achado, que xunto cos datos obtidos da análise preliminar das mostras, pode considerarse como un indicio razoable da posible existencia de hidrocarburos explotables”.

 Neste sentido, Guerra destacou que na Consellería de Economía e Industria, ao igual que na comunidade científica, manteñen a “esperanza fundada de que o Gran Burato podería albergar unha gran bolsa de gas”.

 Deste xeito, o Goberno galego tense convertido no  promotor dos labores de exploración da morfoestrutura singular atopada na marxe continental occidental de Galicia e coñecida como  “O Gran Burato”, achado no 2007 por investigadores de varias institucións científicas españolas, fronte ás costas Galicia, a uns 250 quilómetros ao oeste da ría de Muros e Noia, en augas españolas.

Foto: geoma.net 

Javier Guerra explicou que a Consellería de Economía e Industria financiará o proxecto e contratará por 15 días o Buque Oceanográfico Sarmiento de Gamboa ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) para poñelo ao dispor do Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental da Universidade de Vigo durante a exploración do “Gran Burato”, cun orzamento duns 450.000 euros.

 O propósito desta expedición é establecer e valorar a existencia e extensión de posibles xacementos de hidrocarburos, para iso tentarán acadar uns obxectivos básicos que pasan por detectar a presenza de gas por caracterización de atributos sísmicos; caracterizar a natureza dos fluídos presentes nos sedimentos (auga, gases ou hidratos de gas); determinar a extensión espacial e temporal dos eventos de fluxo inferidos, e construír un modelo de evolución xeolóxica, explicativo dos fenómenos asociados coa presenza de gas na zona de estudo. Ademais, os traballos a desenvolver concluirán na emisión dun informe final que conterá a análise de todos os datos solicitados.

¿Y tú qué opinas de esto?