A XUNTA restrinxirá parcialmente o tráfico en Pontevedra na AUTOVÍA do Salnés (AG-41) PARA LEVAR A CABO AS OBRAS DO ENLACE DE CURRO
La Xunta de Galicia restringirá parcialmente el tráfico en Pontevedra en la autovía del Salnés (AG-41) para llevar a cabo las obras del enlace de Curro
- A situación afectará á calzada dereita, concretamente desde o punto quilométrico 0+000 ata o 1+200
- As obras que se van a executar no macro-enlace de Curro servirán para canalizar os tráficos entre Pontevedra e as autovías a Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, a autoestrada AP-9 e a estrada Pontevedra- Vilagarcía (PO-531)
Santiago, 26 de setembro de 2010.- A Xunta de Galicia restrinxirá parcialmente o tráfico na calzada dereita da autovía do Salnés (AG-41), desde o punto quilómetrico 0+000 ao 1+200, como consecuencia da execución das obras do enlace de Curro. Este enlace suporá un intercambio de tráficos entre a AG-41, a autovía a Sanxenxo, a futura autovía a Vilagarcía de Arousa (AG-47), a autoestrada AP-9 e a estrada Pontevedra- Vilagarcía (PO-531).
Por este motivo, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas decidiu establecer restriccións do tráfico nos dous carrís dereitos da calzada a partir do mércores 13 de outubro para poder realizar ditas labores. Este corte será debidamente comunicado á Dirección Xeral de Tráfico (DGT).
Durante a realización das obras do enlace de Curro e mentres dure o corte da calzada dereita da autovía, veranse afectados os movementos tanto de entrada como de saída desde e cara a PO-531 en direción Vilagarcía. Non obstante, sinalizaranse percorridos alternativos nos paneis de mensaxería variable da autovía para os vehículos que queiran realizar estes movementos.
Previamente á execución do corte, realizaranse unha serie de actuacións preparatorias. Na semana do 27 de setembro procederase á execución dunha glorieta provisional no chamado “Curro pequeno”, que favorecerá os xiros dos vehículos en dirección Vilagarcía; a consecuencia disto, cortaranse os carrís esquerdos de adiantamento de ambos sentidos só durante a xornada laboral. Na semana do 4 ao 8 de outubro realizaranse desvíos diarios para borrar os carrís antigos e pintar os novos.

[…] semana, las tareas se centrarán en el tronco, la semana del 13 de octubre se procederá al repintado de líneas entre el tronco y los […]
Me gustaMe gusta