El Ejecutivo regional e Inditex se unen para mejorar la genética del bosque gallego

XUNTA E INDITEX ASINAN UN CONVENIO PARA A MELLORA XENÉTICA DAS PRINCIPAIS ESPECIES FORESTAIS ARBÓREAS DE GALICIA

 La Xunta de Galicia e Inditex firman un convenio para la mejora genética de las principales especies forestales arbóreas de Galicia

  • O Goberno galego comprométese a manter en vixencia o Plan de Mellora Forestal ata o ano 2020, dotándoo de medios materiais, económicos e humanos para o seu desenvolvemento; e a formación de persoal investigador
  • O convenio prolonga o asinado en outubro de 2007 entre a Consellería do Medio Rural e Inditex, e centrarase na optimización da calidade xenética do piñeiro, o pinaster, o castaño, o piñeiro radiata e a cerdeira
  • Inditex destinará ao proxecto 300.000 euros, divididos a partes iguais entre as anualidades de 2011, 2012 e 2013, que se engaden ós 300.000 euros aportados entre 2008 e 2010

 Santiago, 27 de setembro de 2010.- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, e o secretario xeral e do Consello de Administración de Industria de Diseño Textil, S.A. (INDITEX, S.A), Antonio Abril Abadín, asinaron un convenio de colaboración polo que ambos organismos, Consellería e Inditex, se comprometen a traballar na mellora xenética das principais especies forestais arbóreas de Galicia. Ambos estiveron acompañados polo director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto.

 Este convenio prolonga o asinado en outubro de 2007 entre Medio Rural e Inditex, establecendo un novo réxime de colaboración entre as dúas entidades. Así, o presente convenio persegue a mellora continua da calidade xenética dos materiais de reprodución das principais especies forestais galegas: piñeiro, pinaster, castaño, piñeiro radiata e cerdeira.

 Coa sinatura do convenio, a Xunta comprométese a manter en vixencia o Plan de Mellora Forestal ata o ano 2020 polo menos; á dotación de medios materiais, económicos e humanos para o seu desenvolvemento; e á formación de persoal investigador.

 Pola súa banda, Inditex destinará ao proxecto 300.000 euros, divididos a partes iguais nas anualidades de 2011, 2012 e 2013, último ano de vixencia do acordo, que se poderá prorrogar, antes do seu remate, o tempo necesario ata a súa completa execución. Esta cantidade únese ós 300.000 euros xa aportados por Inditex entre 2008 e 2010 en virtude do Convenio asinado en 2007.

 Programa de mellora xenética

O programa de mellora xenética do Plan de Innovación e Mellora Forestal de Galicia 2010-2020, sobre o que se sustenta o convenio persegue aumentar a produción de materia prima industrial de forma continua.

 Para ilo establécese un procedemento que determina, en primeiro lugar, as especies que deben empregarse nunha zona determinada. Despois agrúpanse as cualidades desexadas en individuos mellorados para obter árbores coas características perseguidas. Por último produciranse a gran escala estes individuos mellorados, desenvolvendo e mantendo a poboación cunha base xenética o bastante ampla como para satisfacer as necesidades das xeracións posteriores.  

Inditex encadra a súa participación neste Convenio de Colaboración coa Xunta de Galicia no desenvolvemento do seu Plan Estratéxico Medioambiental, e en concreto no  Proxecto Terra, que prevé impulsar a creación en Galicia de masas forestais de alto valor xenético que contribúan a compensar as emisións de CO2 xeradas pola súa actividade empresarial nesta rexión.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

¿Y tú qué opinas de esto?