El curso «‘Retorno a Galicia 2010» prepara a los emigrantes para volver

EMIGRACIÓN COLABORA NO CURSO “RETORNO A GALICIA 2010” PARA ASESORES DE ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR, EN BUENOS AIRES

 Emigración colabora en el curso ‘Retorno a Galicia 2010’, para asesores de entidades gallegas en el exterior, que se celebrará en Buenos Aires

  • O subdirector xeral do retorno e da inmigración, Antonio Aguarón, intervirá no curso

 

Santiago, 26 de setembro de 2010.- A provincia de Buenos Aires acolle o  I Curso de formación “Retorno a Galicia 2010” para asesores de entidades galegas no exterior, organizado pola Federación Unión de Asociacións Galegas da República Arxentina, en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración.

 A finalidade deste curso, sen precedentes en Arxentina, é capacitar asesores que, desde as entidades galegas radicadas no devandito país, transmitan os coñecementos que precisan coñecer os emigrantes galegos que teñen intención de regresar a Galicia.

 Dita acción formativa está financiada a través da convocatoria de subvencións de 2010 da Secretaría Xeral da Emigración, dirixida ás entidades no exterior, con obxecto de desenvolver un programa integral de información, orientación e asesoramento sobre aspectos relacionados co retorno a Galicia para emigrantes galegos e descendentes.

 A través deste curso informarase ás persoas que asesoran nos centros galegos situados en Arxentina sobre os pasos que deben dar os emigrantes galegos que teñen intención de retornar mentres aínda residan en Arxentina e unha vez unha vez chegados a España.

 Os contidos informativos abarcan aspectos relacionados co acceso á vivenda, o sistema educativo, a sanidade, a homologación de títulos e o acceso ao mercado de traballo, así como sobre as axudas económicas que facilitan as distintas administracións e que, dunha maneira ou outra, serven para paliar os gastos derivados do traslado definitivo a Galicia.

 Entre os relatores do curso, destaca a do subdirector xeral do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración, Antonio Aguarón Turrientes, que impartirá unha conferencia sobre o retorno e responderá ás preguntas que se lle expoñan sobre as novas actuacións que a Secretaría Xeral está a levar a cabo neste ámbito.

A organización deste curso foi acollida con gran expectación, tendo en conta que é o primeiro destas características que se organiza e o importante número de entidades que integran a Federación Unión de Asociacións Galegas da República Arxentina, da que forman parte máis de trinta asociacións, fogares e centros galegos.

 O curso terá lugar no Hotel Howard Johnson de Pilar da Provincia de Bos Aires e na dirección www.launion.org.ar pode consultarse todo o referente ao mesmo.

¿Y tú qué opinas de esto?