Convenio para mejorar las instalaciones de cría de trucha en Cernadas

MEDIO RURAL E A FUNDACIÓN MONTE DO GOZO ASINAN UN CONVENIO EN MATERIA DE DOTACIÓN DE MEDIOS NAS INSTALACIÓNS DE CRÍA DE TROITA EN CERNADAS

Medio Rural y la Fundación Monte do Gozo firman un convenio para dotar de más medios las instalaciones de cría de trucha en Cernadas

  •  O convenio ten carácter bianual cun importe total de 36.000 euros
  • Con esta axuda, a Fundación executará obras en materia de instalacións e obras de abastecemento e canalizacións

 Santiago, 25 de setembro de 2010.- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, e o secretario-xerente da Fundación do Monte do Gozo, Ramón Gómez Crespo, asinaron un convenio de colaboración que ten por obxecto dotar as instalacións das que dispón a Fundación na Comunidade Terapéutica de Cernadas (Val do Dubra) dos medios necesarios de cara a impulsar accións destinadas á formación e educación dos beneficiarios en valores relativos ao coñecemento e coidado da natureza.

 Medio Rural achega a contía de 36.000 euros que serán repartidos entre o presente ano 2010 (30.000 euros) e o ano 2011 (6.000 euros).

 Obras necesarias

A realización do programa de formación prelaboral do colectivo concernido en materia de acuicultura continental conta cunhas instalacións que requiren ser reparadas para acomodala ás necesidades da actividade formadora.

As obras que son necesarias executar son a ampliación da captación de augas de abastecemento das instalacións de cría de troita; canalización do novo aporte de auga; construción de seis represas na canalización co obxecto de que se reosixene a auga e poida servir para a cría das mesmas e; por último, a adquisición e instalación de reixas que impidan a fuga das troitas. 

 Fundación Monte do Gozo

A Fundación Monte do Gozo ten como obxectivo básico a atención á mocidade marxinada, promovendo para isto o desenvolvemento de toda clase de actividades que contribúan á mellor defensa e protección dos seus beneficiarios.

 Na actualidade, a Fundación atende diariamente a unha media de 500 mozos e xa son 2.469 as altas terapéuticas que finalizaron totalmente o seu proceso de rehabilitación e reinserción social.

¿Y tú qué opinas de esto?