O presidente da Xunta afirma que, con este novo texto legal “se dá cumprimento a unha vella demanda do sector”, superando o baleiro que existía desde o punto de vista de actualización legal, cunha lei do ano 88 -El presidente de la Xunta afirma que con este nuevo texto legal «se da cumplimiento a una vieja demanda del sector», actualizando la ley que estaba en vigor y que se remontaba al año 88
A XUNTA APROBA A NOVA LEI DO COMERCIO; UNHA NORMA CONSENSUADA QUE VERTEBRA E CONSOLIDA O SECTOR, PROTEXE O PEQUENO COMERCIO E GARANTE OS DEREITOS BÁSICOS DOS CONSUMIDORES
La Xunta de Galicia aprueba la nueva Ley del Comercio: una norma consensuada que vertebra y consolida el sector, protege el pequeño comercio y garantiza los derechos básicos de los consumidores
- Destaca a participación e o importante grao de coincidencias con todos os sectores implicados, “comerciantes galegos e, tamén, cos departamentos e órganos competentes, incluídas as recomendacións do Consello Económico e Social”
- Subliña a cordialidade lingüística “e a liberdade de rotulación en todas as tendas e en todos os comercios galegos, xa sexan en galego ou en castelán ou bilingües”
- Se incorporan á normativa figuras comerciais novas como son os outlets ou os centros comerciais abertos; se regulan as rebaixas e a venta ambulante e se decide a non caducidade dos vales en todas as tendas galegas
- O Consello aprobou, tamén, un investimento de 8,7 millóns de euros para prorrogar os contratos de 229 investigadores e tecnólogos que están a traballar no ámbito das universidades galegas; e de 12 millóns de euros, para fichar a investigadores que traballen en calquera lugar do mundo e que queiran vir a Galicia a seguir investigando
Santiago, 23 de setembro de 2010.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este mediodía, na rolda de prensa do Consello, a aprobación da nova Lei de Comercio; unha norma “consensuada” e que, segundo explicou, “vertebra e consolida o sector, protexe o pequeno comercio e garante os dereitos básicos dos consumidores”. Así mesmo, afirmou que, con este novo texto legal “se dá cumprimento a unha vella demanda do sector”, superando o baleiro que existía desde o punto de vista de actualización legal, cunha lei do ano 88.
Feijóo destacou, nun primeiro termo, a participación e o importante grao de coincidencias con todos os sectores implicados, “comerciantes galegos –dixo- e, tamén, cos departamentos e órganos competentes, incluídas as recomendacións do Consello Económico e Social”; así como a cordialidade lingüística “e a liberdade de rotulación en todas as tendas e en todos os comercios galegos, xa sexan en galego ou en castelán ou bilingües”.
No tocante á racionalización e á simplificación administrativa, o presidente da Xunta subliñou que se incorporan á normativa figuras comerciais novas para darlles seguridade xurídica, como son os outlets ou os centros comerciais abertos. “E a partir de agora, -engadiu- se regulan as rebaixas, a venta ambulante e, tamén, se decide a non caducidade dos vales en todas as tendas galegas, protexéndose, así, os dereitos dos consumidores xa que, se un consumidor ten un vale dunha tenda por unha mercadoría que devolveu, ese vale non ten caducidade e, polo tanto, o poderá canxear en calquera momento”.
O titular do Executivo galego afirmou que esta lei pretende, en época de crise, axudar a un sector clave polo seu peso no PIB -13%-, polo número de empregos que xera -máis de 100.000 persoas- e, ademais, polo activo turístico e dinamizador dos municipios galegos.
Manter o talento investigador e captar novo talento
Por outra banda, e dentro da aposta que o Goberno galego está a facer polas políticas de I+D+i, Feijóo anunciou un investimento de 8,7 millóns de euros para prorrogar os contratos de 229 investigadores e tecnólogos que están a traballar no ámbito das universidades galegas; e de 12 millóns de euros, para fichar a investigadores que traballen en calquera lugar do mundo e que queiran vir a Galicia a seguir investigando.
“Se trata –salientou- non só de manter o que temos senón de captar novos investigadores, cun programa de 12 millóns de euros que busca recuperar o talento galego que está investigando en universidades europeas e americanas e fichar ata un total de 64 investigadores de alto nivel, dos cales, como mínimo, o 25% desas prazas se reservan a galegos que estean investigando fóra de Galicia”.