Avances contra la contaminación marina accidental en Vigo

Os socios do proxecto “DRIFTER” celebran a xornada final na sede do CETMAR en Vigo

 OS EXPERTOS CERTIFICAN UN AVANCE NOS SISTEMAS DE LOITA CONTRA A CONTAMINACIÓN MARIÑA ACCIDENTAL

  Los expertos certifican un avance en los sistema de lucha contra la contaminación marina accidental

 

 

 

  • Os resultados de dous anos de traballo reflectiranse en informes técnicos, bases de datos, modelos, guías ou protocolos que serán postos a disposición das autoridades con competencias na materia e do público en xeral coincidindo coa finalización do proxecto.

 

Vigo, 23 de setembro 2010.-  A xornada final de traballo do proxecto europeo “DRIFTER”,  que coordina o Centro Tecnolóxico do Mar coa participación de socios de Galicia, Francia e Portugal, serviu  para certificar un avance nos sistemas de loita contra a contaminación mariña accidental e mais concretamente contra a producida por hidrocarburos, sustancias nocivas e perigosas e inertes, cuxa monitorización e modelización era o obxectivo xeral dos investigadores que veñen colaborando dende 2008 nesta iniciativa.

 Os resultados destes dous anos de traballo foron expostos nunha xornada que tivo lugar na sede da Fundación CETMAR en Vigo e durante a que se sucederon os relatorios a cargo de representantes das seis institucións que configuran o consorcio europeo responsable do proxecto “DRIFTER”, como e o caso xunto ao CETMAR do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR); de Meteogalicia (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas); da Universidade de Vigo; do CEDRE francés e do Instituto Superior Técnico de Lisboa (IST).

 Coincidindo co peche do proxecto, que foi financiado pola rede europea do VI programa Marco AMPERA, poranse a disposición das autoridades con competencias en materia de contaminación mariña e do público en xeral unha serie de informes técnicos, bases de datos, modelos, guías ou protocolos que resumen os resultados das investigacións levadas a cabo no marco desta iniciativa.

Así o anunciou Marisa Fernández, responsable da coordinación do proxecto por parte do CETMAR, no inicio da xornada, que foi inaugurada pola directora-xerente da Fundación, Paloma Rueda Crespo.

 Fernández recordou na súa intervención que o obxectivo xeral de “DRIFTER” era “abordar as limitacións e mellorar as capacidades de seguimento das verteduras e de predicción da súa traxectoria”, ademais de “explorar o estado das técnicas” actuais e tentar que os “datos técnicos” cheguen aos usuarios finais, todo elo co fin último de “estar mellor preparados ante os accidentes por contaminación mariña”, recordou tamén Garbiñe Ayensa, do INTECMAR, nun relatorio posterior.

 Ademais dos membros do consorcio que levou a cabo o proxecto, Marisa Fernández destacou a colaboración de empresas como Repsol e agradeceu o asesoramento das axencias e organizacións con responsabilidades nesta materia, como foi o caso de Salvamento Marítimo, do Servicio de Gardacostas de Galicia, da Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar, ou da Mariña francesa e portuguesa.

 O proxecto desenvolveuse en cinco paquetes de traballo. O primeiro, liderado polo INTECMAR en colaboración co CEDRE, encargouse do estudio e valoración das boias de deriva e dos sistemas trazadores no seguimento das verteduras. O IST portugués e Meteogalicia traballaron sobre os modelos de predicción, mentres que a Universidade de Vigo, a través do seu Grupo de Teledetección, abordou os sensores remotos. Un cuarto grupo de traballo tamén coordinado polo INTECMAR centrouse nos protocolos, boas prácticas e nos sistemas que axuden a transmitir os datos técnicos aos gabinetes de crise que xestionan os accidentes. Finalmente, o CETMAR encargouse da coordinación de todos estes traballos e da difusión dos resultados, que estarán a disposición dos interesados nas próximas semanas en formato CD ou vía web a través das páxinas dos socios ou da Plataforma Tecnolóxica para a Protección da Costa e do Medio Mariño (PROTECMA).

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s