La Xunta intenta sensibilizar al sector lácteo para subir precios en origen

El consejero de Medio Rural de la Xunta se reunió con representantes de la distribución de la leche en la región, con la intención de sensibilizarlos sobre la necesidad de aumentar el precio de la leche en origen. 

JUÁREZ REUNIUSE CON REPRESENTANTES DA DISTRIBUCIÓN DE LEITE EN GALICIA. O titular de Medio Rural pretende sensibilizalos da necesidade de aumentar o prezo do leite en orixe.

 Santiago, 14 de setembro de 2010.- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, presidiu no compostelán Hostal dos Reis Católicos unha xuntanza informal entre representantes da Consellería e das principais empresas de distribución de leite en Galicia.

Na xuntanza estivo tamén presente, por parte da Xunta, o director xeral de Produción Agropecuaria, José Álvarez Robledo; a directora xeral de Comercio, María Nava Castro; e a xerenta do Instituto Galego de Consumo, María Jesús Muñoz Chesa.

Juárez e Robledo expuxeron ao subsector da distribución a súa preocupación pola actual situación dos produtores e do prezo do leite en orixe. Máis unha vez, o conselleiro amosou a súa p erplexidade polo feito de que, en pleno século XXI, os gandeiros descoñezan cándo e a cánto se lles vai pagar a súa produción, mentres medran as marxes comerciais das industrias comercializadoras.

Asemade, fixo fincapé no feito de que a recuperación do prezo que se pode observar no resto da Unión Europea vai a un ritmo moito menor en España e en Galicia. Daquela, o conselleiro avogou porque a distribución, en primeiro lugar, sexa consciente da grave situación económica pola que están a pasar algunhas explotacións agrogandeiras galegas, nomeadamente as máis pequenas; e, por outra banda, que sexa quen de presionar á industria envasadora para que repercuta canto antes no produtor esa recuperación do prezo.

¿Y tú qué opinas de esto?