Presentado el proyecto del parador de turismo de Muxía

La Consellería de Cultura y Turismo presenta el proyecto del parador de turismo de Muxía (A Coruña). Lo considera “uno de los más ambiciosos y dinámicos, involucra a toda Galicia”

O CONSELLEIRO ROBERTO VARELA PRESENTA O PROXECTO DO PARADOR DE TURISMO DE MUXÍA COMO “UN DOS MÁIS AMBICIOSOS E DINÁMICOS QUE TEN POR DIANTE GALICIA ENTEIRA”

 O conselleiro de Cultura e Turismo asegurou  no Salón do Padroado do CGAC, que o proxecto do Parador resulta “un tema de vital importancia para o correcto desenvolvemento estratéxico do sector turístico da zona”.

 

Santiago, 20 de setembro de 2010.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou  no Salón do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea o proxecto do Parador de Muxía, ao que definiu como “un dos máis ambiciosos e dinámicos que ten por diante a Costa da Morte, e por extensión Galicia enteira”.

Ao acto de presentación asistiron asemade, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, o subdelegado do Goberno na Coruña, José Manuel Pose, o alcalde do Concello de Muxía, Félix Porto e o arquitecto Alfonso Penela.

 Segundo o conselleiro de Cultura e Turismo, o proxecto entregado agora a Turespaña para a súa execución “plasma o compromiso adquirido xa dende o desastre do Prestige, un compromiso enmarcado no chamado Plan Galicia do Goberno Central daquel momento”. Roberto Varela subliñou que o Parador de Turismo de Muxía resulta “un tema que consideramos de vital importancia para o correcto desenvolvemento estratéxico do sector turístico da zona”.

 O titular de Cultura e Turismo manifestou o compromiso da Xunta de Galicia coa comarca, establecendo como o seu principal cometido, “poñer en valor as potencialidades e recursos turísticos da Costa da Morte”, e situou o obxectivo do departamento en “recuperar e conservar o medio físico, a sinalización e a rehabilitación e ampliación da rede de albergues”. Asemade, o conselleiro lembrou que “desde a Consellería de Cultura e Turismo destinamos máis de 1.200.000 euros para a mellora da Ruta Fisterra-Muxía, dentro do Plan Corrector dos Camiños” e fixo mención do “Plan de Dinamización Turístico da zona, do que forman parte outros 16 concellos, ademais de Muxía desde o ano 2002”.

 Roberto Varela subliñou as características naturais da zona como “o recanto do mundo que os romanos pensaban como un dos lugares turísticos máis singulares de toda a península”. Deste xeito, o conselleiro valorou “unha edificación coma esta que sexa quen de pór en valor un dos escenarios máis emblemáticos da nosa comunidade, e que constitúe parte da nosa historia”. Tocante ao proxecto en si, do arquitecto Alfonso Penela, o conselleiro destacou “a complementariedade e equilibrio entre dúas naturezas, a do home e a da paisaxe, que queda garantida no proxecto que debuxou no seu maxín”.

 Proxecto respectuoso co medio ambiente

O Parador de Turismo de Muxía, segundo a redacción do proxecto, disporá das seguintes dotacións, 80 habitacións, SPA, salóns de usos múltiples, restaurante, cafetería, servizos de uso interno (vestiarios, cociñas, almacéns…), aparcamento cuberto para 100 prazas e aparcamento exterior para outras cen prazas, execución da urbanización e acondicionamento de espazos exteriores, así como espazos destinados a albergar a maquinaria necesaria para as instalacións do edificio. O Parador de Turismo de Muxía, terá 13.223,33 m2 construídos, dos que 11.895,99 m2 serán superficie útil.

 O Parador de Turismo de Muxía será o máis respectuoso posible co entorno físico. A intervención no lugar virá marcada por unhas directrices básicas como a consecución dunha disposición espacial oportuna respecto á xeomorfoloxía do lugar; atopar complementariedade e equilibrio entre as dúas naturezas, a do home e a do paisaxe e medir ben os sons e os silencios, as presenzas e as ausencias da arquitectura.    

 Para acadar os obxectivos respectarase o paisaxe e camuflarase gran parte do construído, non se alterará o Subsector litoral, conservaranse todos os setos do contorno, as manchas forestais de Pinar, Salgueiral e Reboleira serán respectadas, así como os prados, campos e cultivos do Mosaico Agrario. Do mesmo xeiro acondicionaranse minimamente os camiños, corredoiras e sendeiros da forma máis estritamente necesaria.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s