Xacobeo 2010 patrocina el congreso internacional ‘Camino Portugués’

Xacobeo 2010 patrocina el congreso internacional ‘Camino Portugués’, que se inaugura en el Pazo de la Cultura de Pontevedra
XACOBEO 2010 PATROCINA O CONGRESO INTERNACIONAL ‘CAMIÑO PORTUGUÉS. CAMIÑO DE EUROPA’, QUE SE INAUGURA HOXE NO PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA

 O congreso, que mañá rematará na cidade portuguesa de Ponte de Lima, inclúe a exposición ‘Camiños’, que recolle obras de artistas das distintas localidades polas que discorre esta ruta.
 Esta iniciativa forma parte do Camiño da Reflexión da programación de Xacobeo 2010 e está organizada pola Fundación Camino de Santiago.

Santiago, 10 de decembro de 2010.- Xacobeo 2010 patrocina o congreso internacional Camiño Portugués. Camiño de Europa, organizado pola Fundación Camiño de Santiago e que se inaugura hoxe no Pazo da Cultura de Pontevedra. Paralelamente á celebración deste congreso durante esta fin de semana, esta tarde tamén se abrirá ao público a mostra Camiños, como unha actividade complementaria.

A exposición Camiños poderá verse en Pontevedra ata o 9 de xaneiro. Logo, a mostra viaxará á localidade portuguesa de Ponte de Lima, onde estará na Torre da Cadeia Vella do 23 de xaneiro ao 23 de febreiro. Por último, Camiños poderá visitarse na Casa de Galicia de Madrid entre o 1 e o 31 de marzo.

Este proxecto expositivo é unha actividade complementaria ao congreso e recolle a artistas de recoñecido prestixio de distintas cidades polas que pasa o Camiño Portugués, tanto galegas como portuguesas. O obxectivo é que cada un destes artistas, co seu peculiar estilo, expoña obras nas que estean representados os diferentes aspectos do mundo xacobeo e dos camiños.

En Camiños hai obras dos pintores: Manuel Aaramburu, José Barreiro, Arturo Cifuentes, Eduardo Dios, Jaime F. Falcón, Antón Goyanes, Alejandro Paisa, Puri del Palacio, Antonio Quesada, Mario Rocha, Rafael Úbeda, Amelia Vázquez-Palacios e Álex Vázquez.

Programa do congreso
Ás 18.30 horas celebrarase a inauguración desta mostra e, seguidamente, o acto de apertura do congreso internacional. Despois, ás 19.30 horas, terá lugar a intervención inaugural de Francisco Millán Món, presidente do intergrupo Caminos de Santiago do Parlamento Europeo.

Na xornada de mañá, sábado 11 de decembro, o congreso iniciarase ás dez cunha mesa redonda na que se falará sobre os peregrinos procedentes de Europa que deciden percorrer o Camiño Portugués. A mesa, na que haberá poñentes de Alemania, Austria, España, Francia, Italia, Portugal e Reino Unido estará moderada por Celestino Lores Otero, director do programa europeo Ruta Stellae.

As doce do mediodía comezará a segunda mesa redonda, na que se analizará a influencia que ten o Camiño Portugués no desenvolvemento da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal dentro do marco europeo. Ao remate deste coloquio, os participantes no congreso serán trasladados ao centro de Pontevedra para facer un recorrido polo trazado desta ruta xacobea na zona histórica da cidade.

Pola tarde, realizarase unha viaxe ata a cidade portuguesa de Ponte de Lima para percorrer outra parte do trazado do Camiño Portugués. Finalmente, o acto de clausura do congreso internacional Camiño Portugués. Camiño de Europa terá lugar en Ponte de Lima, coa recepción por parte do presidente da Cámara Municipal da cidade.

O Congreso internacional Camiño Portugués. Camiño de Europa está incluído no Camiño da Reflexión da programación de Xacobeo 2010, un apartado no que se presentan congresos, conferencias e debates que xeran reflexión, cuns contidos que quedan rexistrados como legado cultural para futuras xeracións.

Un comentario sobre “Xacobeo 2010 patrocina el congreso internacional ‘Camino Portugués’

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s