Diez países europeos apoyan al Camino Francés

Once voluntarios de diez países europeos diferentes realizarán en otoño tareas de apoyo a lo largo de todo el Camino Francés.

ONCE VOLUNTARIOS DE DEZ PAÍSES EUROPEOS DIFERENTES REALIZARÁN EN OUTONO TAREFAS DE APOIO AO LONGO DE TODO O CAMIÑO FRANCÉS

 

  • Seis dos 11 participantes no proxecto europeo “Walking Together” desenvolverán as súas actividades en Galicia, mentres que os restantes estarán en Castela e León e na Rioxa
  • O luns comezarán a traballar e mañá comeza o seu período formativo no albergue de Gandarío, que se prolongará ata o próximo día 25

 

Santiago, 20 de setembro de 2010.- Un total de once voluntarios, procedentes de dez países europeos distintos, realizarán durante este outono tarefas de apoio aos peregrinos ao longo de todo o Camiño Francés. En Galicia traballarán seis dos participantes, mentres que os restantes distribuiranse entre Castela e León e a Rioxa.

A súa participación inscríbese no proxecto europeo “Walking together” que persegue, entre outros obxectivos, promover a participación cidadá, desenvolver a solidariedade entre os máis novos, promover a relación con culturas distintas e facilitar a aprendizaxe ou perfeccionamento doutros idiomas.

Os once participantes –procedentes de Austria, Noruega, Italia, Francia, Grecia, Bélxica, Letonia, Estonia, Romanía e Alemaña- comezarán a traballar o próximo luns, día 27, nos distintos albergues do Camiño Francés. Pero antes de comezar a súa colaboración activa, todos eles participarán nun período de formación e adaptación na que recibirán toda a información necesaria para as súas tarefas. Este período de aprendizaxe, que se prolonga ata o próximo día 25, comeza mañá no albergue de Gandarío.

Os voluntarios realizarán diferentes actividades, entre as que destaca o apoio e acollida dos peregrinos nos albergues, axudando aos hospitaleiros na recepción e distribución dos peregrinos. Ademais, os participantes fomentarán tamén un “servizo de información” sobre o Camiño a través de información directa (sobre servizos, actividades culturais, patrimonio, visitas guiadas) ou indirecta (colaborando na edición de folletos prácticos en varios idiomas).

Os voluntarios realizarán unha labor de difusión dos outros trazados do Camiño de Santiago e recompilarán datos e materiais necesarios (fotografías, vídeos, testemuñas…) para logo difundir o Camiño de Santiago nas súas localidades de orixe. Durante a súa estadía, desenvolverán tamén actividades interculturais para falar do seu país e dar información aos habitantes da localidade sobre a súa cultura. Todos eles informarán tamén á poboación moza local sobre o programa europeo “Xuventude en Acción”, no que se inscribe este proxecto.

Durante os tres meses de estadía, haberá tres xuntanzas de todos os voluntarios para poñer en común e avaliar a súa experiencia.

¿Y tú qué opinas de esto?