Publicada la primera lista de explotaciones lecheras de Calidad Diferenciada

PUBLICADA A PRIMEIRA RELACIÓN DE EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS DE CALIDADE DIFERENCIADA

Publicada la primera relación de explotaciones lecheras de Galicia que cumplen los requisitos para estar incluidas en el Registro de Explotaciones Lecheras de Calidad Diferenciada.

  • Un total de 7.571 explotacións incorpóranse ao Rexistro constituíndo a fonte de materia prima da marca de calidade “Galega 100%”

 

Santiago, 19 de setembro de 2010.- Xa está publicada a primeira relación de explotacións leiteiras de Galicia que cumpren os requisitos para estar incluídas no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada establecido polo Decreto 57/2010.

Un total de 7.571 explotacións incorpóranse inicialmente ao Rexistro. Todas elas contan con cualificación sanitaria; non foron obxecto de sanción por incumprimentos en materia de condicionalidade, sanidade, benestar animal e seguridade alimentaria nos últimos seis meses; e contan cun historial acreditado de calidade do leite superior ás esixencias legais.

As explotacións incluídas no rexistro constitúen a fonte de materia prima da que se nutre a marca de calidade “Galega 100 %”, de próxima implantación, que ofrecerá ao mercado a garantía do consumo dun leite galego da mellor calidade. A listaxe das explotacións está publicada na páxina web da Consellería do Medio Rural (mediorural.xunta.es).

Galega 100%

Esta marca de calidade constitúe un dos obxectivos estratéxicos marcados por este Goberno no seu primeiro ano de lexislatura e está inserido no Plan Estratéxico para o Sector Lácteo no que figura, de maneira destacada, a potenciación da identidade corporativa, imaxe, comunicación e promoción do lácteo galego.

A petición do propio sector e tras analizar varias posibilidades, a Consellería do Medio Rural optou porque este selo fose unha marca de garantía, é dicir, un tipo especial de identificación que facilite ao consumidor poder discriminar entre a oferta existente no mercado aqueles produtos que garanten unha calidade diferenciada.

 

Rexistro

Como paso previo á posta en marcha desta marca de calidade, a Xunta creou, o pasado mes de abril, o Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada. Nel que están inscritas as explotacións que, no marco do plan de controis oficiais da calidade do leite cru de vaca efectuados polos servizos veterinarios da Xunta, superen os parámetros de calidade esixidos.

¿Y tú qué opinas de esto?